O grupo LGTB do PSdeG sinte orgullo de que a Lei Galega de Visibilidade se converta nunha proposta de lei de ámbito estatal

O grupo LGTB do PSdeG sinte orgullo de que a Lei Galega de Visibilidade se converta nunha proposta de lei de ámbito estatal

O grupo LGTB do PSdeG sinte orgullo de que a Lei Galega de Visibilidade se converta nunha proposta de lei de ámbito estatal

O Grupo de LGTB dos socialistas galegos tivo un papel moi relevante durante a Conferencia Política que o PSOE celebrou en Madrid a semana pasada.

bandeira orgulloNo relativo a igualdade e diversidade, os socialistas acordaron nesta Conferencia impulsar a “lei Integral para a Igualdade efectiva de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, e contra discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero”. Esta lei fundamentarase na Lei Galega de Visibilidade e para a non discriminación das persoas LGTB, que está a punto de discutirse no Parlamento de Galicia. Unha lei “impulsada polo grupo LGTB dos socialistas de Galicia e “en cuxa redacción participaron Juan Carlos Beceiro, Silvia Fraga, Jose Maria Villaverde, Carmen Gallego y outros compañeiros e compañeiras do grupo e do partido”, recordou o Fito Ferreiro.
 
O proxecto de lei, antes de ser presentado polo Grupo Parlamentario Socialista de Galicia, foi consensuado cos diferentes grupos LGTB da comunidade autónoma. “É un orgullo para o Grupo LGTB galego que unha lei que comezou a xerarse aquí, sexa asumida  polo resto de compañeiras y compañeiros, aprobándose o seu texto na Conferencia Política” afirmou Ferreiro.

No relatorio aprobada polo plenario da Conferencia, avánzase na igualdade real e nos dereitos das persoas homosexuais, transexuais e bisexuais, loitando contra a discriminación e a homofobia

O Grupo Federal de LGTB dos socialistas foi o relator do texto de Laicidade e Laicismo que, finalmente, foi aprobado. Desde os seus comezos, este grupo considerou que o Partido Socialista debera de ter una posición máis clara en cuestión de laicidade do Estado. Os socialistas galegos “cremos que temos avanzado nese sentido”, afirma Fito Ferreiro, do Grupo LGTB do PSdeG. Salientou entre as propostas aprobadas a denuncia ante o Parlamento dos acordos coa Santa Sede, a defensa do autofinanciamento das confesións relixiosas, afondando no modelo de achega voluntaria.

Respecto ao funcionamento do partido, o Grupo LGTB dos socialistas galegos defendeu un partido máis aberto e transparente, máis participativo e democrático, que considere ás áreas sectoriais como se merecen política e organicamente. A sectorial de LGTB pasou a denominarse de Participación e Diversidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar