O Grupo de Medioambiente do PSdeG critica a falta dunha política ambiental por parte da Xunta de Galicia

O Grupo de Medioambiente do PSdeG critica a falta dunha política ambiental por parte da Xunta de Galicia

O Grupo de Medioambiente do PSdeG critica a falta dunha política ambiental por parte da Xunta de Galicia

A portavoz de Medioambiente, Susana Bayo, declarou que en tres anos de lexislatura “as rías galegas non están saneadas, non hai máis espazos incluídos no programa de Rede Natura, nin existe unha política de residuos acorde coa política comunitaria”.

A secretaría de Medioambiente da executiva do PSdeG-PSOE constituíu un grupo de traballo coa súa portavoz a fronte, Susana Bayo, onde participan organizacións conservacionistas, responsables provinciais socialistas de Medioambiente e técnicos expertos na área.

Os socialistas fixeron un balance da política ambiental levada a cabo pola Xunta de Galicia nas tres últimas lexislaturas e aseguran que “é negativa”. A portavoz de Medioambiente, Susana Bayo, explica que o goberno galego “deixou de inverter en políticas favorables” e “apostou por destrozar a paisaxe e os espazos protexidos”.

Bayo declara que tres anos despois “nin as rías galegas están máis saneadas, nin os ríos están en mellores condicións, non hai máis espazos incluídos no programa de Rede Natura, non existe unha política de residuos acorde coa política comunitaria, nin contamos con instrumentos de planificación para as situacións de enchentas e secas”.

O grupo de traballo recentemente constituído pola secretaría de Medioambiente da executiva do PSdeG-PSOE, abordou tamén temas actuais como a implantación dunha mina en Corcoesto, a “ocultación de datos” por parte da Xunta de Galicia en base a incineradora do Irixo, a contaminación do Río Sar e a paralización dos instrumentos de ordenación da Rede Natura.

Os integrantes do grupo de traballo de Medioambiente abordarán nos vindeiros tempos “propostas” para o programa electoral que se presentará nas próximas eleccións autonómicas e apostarán por un cambio na economía menos dependente dos combustibles fósiles.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar