O grupo de LGTB considera un paso adiante na loita contra a homofobia a sentenza que condena a unha persoa por insultos homófobos

O grupo de LGTB considera un paso adiante na loita contra a homofobia a sentenza que condena a unha persoa por insultos homófobos

O grupo de LGTB considera un paso adiante na loita contra a homofobia a sentenza que condena a unha persoa por insultos homófobos

O coordinador do grupo LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro amosou a súa satisfacción tras coñecer a sentencia que condena a unha persoa por proferir insultos homófobos. “Esta sentenza é un paso adiante na loita contra a homofobia”, aseverou.

Os feitos denunciados no seu día aconteceron o pasado sábado 6 de agosto, cando o coordinador do “7 CORES” en Ourense, José Manuel Montero, foi insultado mentres paseaba por diante dunha terraza na cidade das Burgas. José Manuel denunciou os feitos e no xuízo rápido que se celebrou ós poucos días, o acusado foi declarado culpable por inxurias homófobas e condenado ao pago dunha multa de 200 euros.

O grupo LGTB do PSdeG, “7 Cores”, amósase satisfeito por esta condena, aínda que dende o colectivo consideran que este acto non é un feito illado xa que o seu compañeiro de Ourense, dende fai dous anos está a sufrir un acoso continuo sobre a súa persoa. Por tal motivo dende “7 Cores” pensan que o máis axeitado sería que o Fiscal decidise dar inicio a unha investigación sobre esta situación.

Tanto dende o grupo LGTB, como dende o propio PSdeG dáselle un total apoio a este compañeiro de Ourense, ó tempo que se lle esixe á xustiza que actúe de forma contundente nos casos de homofobia, Do mesmo xeito, felicitaron a José Manuel Montero e a súa familia pola forza que tivo para denunciar ante axustiza os feitos acontecidos.

Dende grupo LGTB do PSdeG insisten na necesidade de denunciar estes casos como a única forma para acabar cos casos de homofobia.

O PSdeG-PSOE congratúlase de ser o partido que promove a “Lei de Igualdade de Trato”, unha lei que promoverá a loita contra as discriminacións, como a homofobia e que actuará preventivamente para que estas non sucedan.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar