O Goberno veta a visita institucional dos deputados ao cárcere de Teixeiro

O Goberno veta a visita institucional dos deputados ao cárcere de Teixeiro

TeixeiroA deputada socialista Noela Blanco esixiu hoxe unha visita institucional do Parlamento de Galicia ao cárcere de Teixeiro logo do “veto” imposto polo goberno central, que impediu a visita solicitada dende o Grupo Socialista aos centros penitenciarios galegos. Blanco presentou esta solicitude en forma de emenda a unha proposta do BNG para investigar os presuntos malos tratos denunciados por internos deste cárcere, e que foi finalmente rexeitada polo PP.

A deputada socialista alertou fronte ao “escurantismo e falla de transparencia” por parte do goberno “en todo o que se refire aos centros penitenciarios”, o que ten “unha relación directamente proporcional coas dúbidas sobre o trato que reciben os reclusos e o estado das instalacións”.

Advertiu da “sorpresa e preocupación” provocada pola negativa do goberno á visita dos lexítimos representantes públicos aos centros penitenciarios localizados na súa propia Comunidade Autónoma, unha “decisión inxustificable de establecer unha fronteira interna” nestas instalacións dentro do chan galego. En realidade, dixo, supón “un intento de esconder a situación real dos cárceres galegos”.

Lembrou que os socialistas galegos presentaron un escrito diante da Delegación do Goerno solicitando esta visita o pasado 12 de marzo de 2015, e o 7 de abril a subdirectora xeral de relacións Institucionais negaba a visita alegando que “a actividade penal é competencia do Estado” e que “os centros son visitados por deputados e senadores nacionais cando así o solicitan”, pero non polos deputados autonómicos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar