O Goberno sementa dúbidas sobre a chegada do AVE a Galicia

O Goberno sementa dúbidas sobre a chegada do AVE a Galicia

O Goberno sementa dúbidas sobre a chegada do AVE a Galicia

A deputada socialista ourensana Laura Seara recibiu varias respostas parlamentarias escritas nas que o Goberno sementa dúbidas sobre o cumprimento do 2018 como data da AVE a Galicia.

Na súa resposta, o Ministerio sinala que "en principio, se prevé para o 2018" pero que "o devandito prazo está suxeito ao cumprimento da programación establecida" "nos estudos e proxectos realizados". "Tras os estudos técnicos que se están a desenvolver -continúa- poderase concretar máis o alcance, o custo e a programación das obras,".

Seara recorda que "primeiro, o Goberno de Rajoy con Pastor e a Xunta de Feijoo incumpriron o Pacto do Obradoiro que o propio Feijoo alcanzou co Goberno Socialista e estableceron un prazo sie die para a AVE a Galicia". "Despois, o pasado agosto Rajoy anunciou a data de 2018 tan só 30 minutos despois de que Feijoo anunciase o adianto das eleccións en Galicia, cando en xuño a Ministra Pastor negara que Rajoy previse dar unha data; e agora Fomento pon en dúbida a data comprometida por Rajoy". "É inadmisible que o Goberno do PP cos seus altos cargos pontevedreses continúen tomando o pelo así aos galegos" -critica.

Así mesmo parécelle "preocupante" que o Ministerio semente agora dúbidas sobre o cumprimento da programación establecida, toda vez que, segundo sinala Seara, "o nivel de execución do Goberno do PP nas infraestruturas galegas non chega ao 40% en moitos casos".

Para a deputada, é ademais "vergonzosa" outra resposta do Goberno na que se indica que "o Ministerio continúa traballando na análise técnica e económica do acceso soterrado a Ourense, para buscar a solución máis axeitada dende o ámbito técnico e económico". "Levan 1 ano mareando a perdiz" -afirma.

Sobre este punto, Seara recorda que "o PP utilizou durante anos o soterramento da AVE a Ourense como arma electoral contra o Goberno do PSOE, quen sempre sostivo que a opción do soterramento non era viable,". "Ata Feijoo recoñeceu en conversación co anterior Ministro Branco que as súas obxeccións ao trazado respondían a unha estratexia do PP en Ourense" -apunta.

"O anterior Goberno Socialista xa lle explicou durante anos ao PP que o soterramento non era posible, pero o PP utilizou a AVE a Ourense de forma partidista durante tanto tempo que agora o Goberno de Rajoy e Pastor non saben como dar marcha atrás".

Neste sentido, indica que "por fin, o pasado mes de xuño, Fomento reconocio noutra resposta parlamentaria que xa descartaran o soterramento "polo sobrecoste e escasas vantaxes urbanísticas" E agora -reproba-, nesta reposta, Pastor volve dicir que están a estudar".

"A realidade é que Rajoy e Pastor se escudan interminablemente na necesidade de estudar o soterramento para tapar que o PSOE tiña razón e que o PP o reivindicaba de forma irresponsable e interesada". "Espero que tanto estudar lle sirva a Pastor dunha vez para facilitar o mellor proxecto para a entrada da AVE en Ourense e para a súa estación" -reclama Seara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar