O Goberno recoñece que existe unha relación directa entre a Lei de Taxas e a diminución da litixiosidade en 2013

O Goberno recoñece que existe unha relación directa entre a Lei de Taxas e a diminución da litixiosidade en 2013

O Goberno recoñece que existe unha relación directa entre a Lei de Taxas e a diminución da litixiosidade en 2013

En Ourense e en Galicia a maior baixada da litixiosidade prodúcese nos contenciosos-administrativos

Seara incide en que "o aumento das taxas xudiciais impide aos cidadáns recorrer as sentenzas da Administración"

O Goberno acaba de recoñecer literalmente en dúas respostas parlamentarias por escrito á deputada socialista ourensana Laura Seara que "a conxuntura económica e outras reformas, como a Lei de Taxas poden ser circunstancias a ter en conta para valorar o descenso da litixiosidade en 2013"

Respecto a Ourense, os datos achegados polo Goberno á deputada socialista, indican que en 2013 a caída da litixiosidade respecto ao ano anterior, cunha baixada de case o 20%, tivo lugar principalmente na orde contencioso-administrativo. Tamén diminuíron, o 1,5% os asuntos xudiciais na orde social mentres que na orde civil se produciu un aumento da litixiosidade do 13,3% e na orde penal subiu así mesmo un 5,6%.

Seara apunta que "estes datos son exactamente a radiografía de como deixou o Goberno do PP en sistema xudicial no noso país". Así, sinala que a importante diminución dos contenciosos-administrativos "se debe sobre todo á imposibilidade que agora mesmo teñen os cidadáns para recorrer as sentenzas da Administración" "polo aumento das taxas xudiciais". "O aumento das taxas -incide- fai que os cidadáns se pensen moi moito se recorrer, sobre todo se son asuntos administrativos".

Non obstante, considera que "o aumento dos asuntos xudiciais en materia civil ten moito que ver coas preferentes" e que "a suba dos asuntos penais ten relación co aumento da criminalidade".

Respecto a Galicia, os datos serían similares, se ben en 2013 a baixada da litixiosidade na orde contencioso-administrativo respecto ao ano anterior é do 14,8% e a da orde social é do 0,4%. No caso da Comunidade Autónoma produciuse unha baixada do 3,2% dos asuntos xudiciais na orde civil e unha suba do 1,8% en materia penal.

Seara critica que, na súa resposta, o Goberno pretende xustificar dalgún modo a baixada da litixiosidade en 2013 sinalando que tamén baixaron os contenciosos-administrativos en 2012 respecto a 2011. A iso, a deputada aduce que "se ben é certo que a crise por si mesma provoca unha baixada da litixiosidade, a Lei de Taxas do Goberno do PP puxo a guinda para que os cidadáns non poidan acceder" á xustiza" "por motivos económicos". "O tasazo xudicial de Gallardón -declara- rematou co dereito dos cidadáns de acceso á xustiza, provocando tamén nesta materia unha profunda división de dereitos entre os cidadáns que llelos poden pagar e os que non".

Neste sentido, recorda que onte mesmo o Grupo Socialista defendeu no Pleno do Congreso unha emenda á totalidade do proxecto de lei de asistencia xurídica gratuíta. "Esta lei -reproba- é unha lei máis restritiva, máis complexa e máis burocrática que a actual, ademais de posiblemente ser inconstitucional". "É outro ataque máis do Goberno de Rajoy ao dereito dos cidadáns á tutela xudicial efectiva". Ademais, critica que "Gallardón vincula o financiamento da xusticia gratuíta cos ingresos que se obteñan polas taxas xudiciais; non obstante en 2013 recadáronse 316 millóns polas taxas e o Goberno presupostou este ano para xustiza gratuíta tan só 34 millóns de euros"

"A política do PP é sempre a mesma -remarca Seara- recadar sempre a custa dos que non teñen, e recortar dereitos a quenes non llelos poden custear, con mentiras se é necesario".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar