O Goberno négase a que as persoas minusválidas formen parte dos xurados populares

O Goberno négase a que as persoas minusválidas formen parte dos xurados populares

O Goberno négase a que as persoas minusválidas formen parte dos xurados populares

A deputada por Ourense e voceira do PSOE en materia de minusvalidez, Laura Seara, critica con dureza que "o Goberno e o PP lle dan as costas ás persoas minusválidas favorecendo a súa discriminación e faino da peor forma, cunha triquiñuela política partidista".

O PP votou en contra no Congreso da toma en consideración dunha Proposición de Lei do PSOE que pide reformar a actual Lei do Xurado para que esta non discrimine as persoas con minusvalidez, a pesar de que hai un ano o PP votou a favor da mesma iniciativa.

Seara explicou que a actual Lei do Xurado establece que para ser xurado as persoas non deben ter "impedimento físico, psíquico ou sensorial". Para Seara, "este artigo da Lei, cunha redacción confusa e torpe, é claramente discriminatorio coas persoas minusválidas e prívaos inxustificadamente do seu dereito a participar nos tribunais do xurado".

Así, explicou que "é unha Lei que xera discriminación e exclusión" e que "é incompatible con diversos tratados internacionais e coa Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con Minusvalidez -ratificado por España- e mesmo incompatible cos artigos 23 e 125 da nosa Constitución nos que se establece que os cidadáns/ás participarán nos asuntos públicos do Estado e poderán participar na Administración de Xustiza mediante o xurado".

A voceira socialista defendeu que "se unha persoa minusválida quere formar parte dun xurado e ten capacidade abondo para iso, a Xustiza debe garantirlle o seu dereito a facelo e as medidas de accesibilidade e apoio que lle permitan desenvolver as devanditas funcións en igualdade de condicións ao resto de cidadáns". "A Xustiza emana do pobo e o pobo participa directamente a través da figura do xurado" -sostivo.

"Non obstante -afirmou- o PP esquece que o pobo somos todos, tamén as persoas minusválidas, e hoxe vota contra da reforma da actual Lei do Tribunal do Xurado que é discriminatoria cos discapacitados".

Para Seara "é deleznable que o Goberno do PP rexeite tramitar no Congreso a reforma da Lei do Xurado e que o Ministro Gallardón diga que a cambiarán cando reformen a Lei de Axuizamento Criminal". Así mesmo, considera que "é incrible que o PP no Congreso votou hai un ano a favor da mesma Proposición de Lei que hoxe presenta o PSOE e hoxe o PP vota en contra participando da triquiñuela política partidista do Goberno".

Así, sinalou que "non" hai que esperar a reformar a Lei de Axuizamento Criminal; o PP podía aprobar hoxe a tramitación parlamentaria da Proposición de Lei do PSOE" "para reformar a Lei do Xurado". "Non obstante -denunciou- o PP votou en contra polo capricho dun Ministro, demostrando de novo que as persoas con maiores dificultades non son unha prioridade para o PP,".

"O cambio legal que pedimos dende o PSOE consolidaría a igualdade de trato ás persoas minusválidas, ensancharía os dereitos de cidadanía e completaría o dereito antidiscriminatorio" "Ata agora percorremos un longo camiño para construír unha sociedade máis inclusiva e para levantar unha lexislación igualitaria, e conseguimos que as persoas minusválidas sexan titulares de dereitos e non meros obxectos de tratamento e prestación social". "Hoxe, co PP, como noutras materias sociais, damos un lamentable paso atrás en materia de igualdade de dereitos de todos os cidadáns" -lamentou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar