O Goberno impón deliberadamente condicións de difícil cumprimento para a exención das taxas xudiciais

O Goberno impón deliberadamente condicións de difícil cumprimento para a exención das taxas xudiciais

O Goberno impón deliberadamente condicións de difícil cumprimento para a exención das taxas xudiciais

xustizaA deputada socialista Patricia Vilán denunciou hoxe “condicións de difícil cumprimento” para que os galegos e galegas poidan beneficiarse da “suposta derrogación das taxas xudiciais” do goberno central. Vilán presentou unha pregunta oral na Comisión de Xustiza fronte á estratexia de “dificultar, burocratizar, ralentizar e facer inaccesible a xustiza”.

A responsable socialista advirte que os galegos e galegas deberán cumprir unha sorte de requisitos que na práctica entorpecen ata o límite o acceso á xustiza. Estes son ter mais de 912,86 ingresos mensuais, identificar previamente os servizos que vai precisar o avogado ou esixir a ratificación en segunda instancia nas audiencias provinciais.

Sinala que as esixencias son imposibles para quen descoñece as leis, e que ademais vense limitados a obter xustiza gratuíta a tres pleitos ao ano, vulnerando o dereito á tutela xudicial efectiva e á asistencia xurídica gratuíta consolidados pola Constitución.

Vender as competencias

Vilán acusou ao goberno galego de “vender as súas competencias e a defensa dos galegos e as galegas a cambio de 6 millóns de euros ofrecidos polo goberno para a quenda de oficio”.

Así o dixo logo de que o ministro Catalá lles ofrecera ás comunidades autónomas hai cousa de un mes que destinaría 6 millóns de euros dos preto de 300 recadados en taxas para a quenda de oficio a cambio de “deixar de preguntar polos ingresos das taxas”. Lembrou que “as comunidades autónomas gobernadas polo PP respostaron que si” e preguntoulle si tamén foi o caso de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar