O Goberno galego ten que pechar a fenda co sector do polbo retirando o plan xestor do recurso e consensuando un novo

O Goberno galego ten que pechar a fenda co sector do polbo retirando o plan xestor do recurso e consensuando un novo

O Goberno galego ten que pechar a fenda co sector do polbo retirando o plan xestor do recurso e consensuando un novo

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou ao goberno galego de ter aberto unha fenda co sector do polbo a raíz da aprobación unilateral do Plan do Polbo 2013 – 2014. O responsable socialista presentou unha iniciativa parlamentaria para que o Goberno galego reelabore dito Plan, desta volta de acordo co sector.

Val sinalou que o “talante autoritario” amosado pola conselleira de Pesca, Rosa Quintana, e o secretario xeral da Consellería, Juan Maneiro, ao negarse a “mover nin unha coma” do plan aprobado pola Xunta ten avivado o conflito para un sector duramente castigado pola crise. Este talante, dixo, tense demostrado tamén na resposta policial ás protestas do pasado luns e coa prohibición das manifestacións fronte a San Caetano.

O responsable socialista esixiulle ao goberno galego que “poña fin ao conflito” na xuntanza convocada cos responsables do sector para mañá xoves atendendo ás súas demandas. O parlamentario socialista, que acompañou aos mariñeiros nunha protesta simbólica na Praza do Obradoiro, lamentou que o PP boicoteara un encontro destes cos grupos parlamentarios ao negarse a recibilos na sede parlamentaria.

Nasas

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista reclamou que a Xunta retire a obriga de recoller as nasas do polbo entre Cabo Silleiro e Corrubedo nas fins de semana a cambio de ampliar os períodos de veda desta especie, como propón o sector. Val Alonso apunta que esta medida mellora as condicións de traballo e seguridade destes mariñeiros e ademais si que garante obxectivamente a recuperación da especie.

Explicou que a obriga de retirar 500 nasas os venres para volver a depositalas outra vez os luns, ademais de ser discriminatorio, xa que a medida non se aplica en todo o territorio por igual, supón un risco innecesario para os traballadores e non garante a recuperación das especies.

A iniciativa socialista reclama así a derrogación do Plan de xestión do polbo entre Cabo Silleiro e Corrubedo “por considerar que pode levar á flota a situacións de inseguridade” ademais de ser “inxusto e insolidario”. Así mesmo, propón a elaboración urxente dun novo plan de xestión consensuado co sector, que prime a seguridade e que contemple medidas compensatorias por deixar caladas as nasas durante a fin de semana.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar