O goberno galego ten levado á flota galega a unha situación "insostible"

O goberno galego ten levado á flota galega a unha situación "insostible"

O goberno galego ten levado á flota galega a unha situación "insostible"

Pesca_Flota_BarcosO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, responsabilizou ao “desleixo” do goberno galego da situación “insostible” do sector galego, que está “ao límite” logo de perder cotas de pesca en tódalas especies. Val presentou unha moción no Pleno do Parlamento para esixirlle ao goberno a modificación do Plan de xestión da sardiña e o intercambio de cota con terceiros países, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista acusou ao PP de “votar contra ser belixerante” na defensa da flota galega, “malia que prexudique” aos buques desta Comunidade Autónoma. Criticou que as decisións do goberno central, co silencio cómplice da Xunta, están a repartir as posibilidades de pesca “de xeito inxusto, premiando a quen non foi responsable nos últimos anos e non se regulou con topes máximos autoimpostos”.

Aludiu así á situación da pesca da sardiña, polo que toda a flota de España e Portugal terá un límite de pesca de 19.000 toneladas ao ano, salvo a zona coñecida como VIII b, na que faenan os buques vascos e que poderán pescar sen limitación. Lamentou que “non ten sentido que uns dispoñan de pesca sen límite mentres os buques galegos teñan a pesqueiría pechada ata marzo, e cando se abra só poderán extraer un máximo de 1.000 toneladas á semana”.

Reclamoulle ao goberno que se dirixa ao goberno central para esixirlle a modificación do Plan de xestión da sardiña para que “todas as flotas do Estado desta especie teñan as mesmas normas sen que existan privilexios” incluíndo a zona VIIII b no ámbito de actuación do Plan de xestión. Tamén reclamou a inclusión das propostas elaboradas pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca no dito Plan de xestión.

Criticou que o PP teña presentado no Parlamento iniciativas para “asumir como propias as reivindicacións do Consello Galego de Pesca, para comprobar cómo despois non fan absolutamente nada” como demostra o plan de xestión, que “non recolle ningunha medida das que din defender”.

Val explicou que a situación esténdese ao resto das pesqueirías, como nas que se rexistra a “situación paradoxal” de que os galegos, con mais flota que Asturias, Cantabria ou o País Vasco, só poidan extraer o 25 por cento de pesca da xarda, mentres outras cun terzo da flota galega “levan a metade da pesca desta especie”.

Os socialistas reclamáronlle ao goberno neste sentido que se dirixa ao Goberno central e lle demande “a negociación de intercambios de pesca con outros estados que favorezan o sector do cerco galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar