O goberno galego, responsable da "chafallada" na tramitación dos carnés para manipular praguicidas

O goberno galego, responsable da “chafallada” na tramitación dos carnés para manipular praguicidas

viñedoO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, responsabilizou hoxe ao goberno galego da “chafallada” da concesión de carné para manipular produtos fitosanitarios. García presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que criticou que a Xunta teña que aplicar agora unha normativa publicada na UE en 2009 e posta en marcha en España en 2013.

O deputado socialista explicou que esta normativa obriga de facto a que tódolos gandeiros que teñan que aplicar praguicidas teñan que adquirir un carné que a Xunta non está expedindo. Esta situación obriga a centos de persoas a peregrinar ao Bierzo para acadar a documentación noutra Comunidade Autónoma, cando non a aplicar os produtos de forma irregular.

Acusou á Xunta de estar dende 2009 “dificultando, entorpecendo, agochando información e restrinxindo a celebración das probas” para “facerse notar entorpecendo e poñendo tódalas trabas posibles”. Para o deputado socialista, “amosaron que non se ocupan dos problemas do país” e acusounos de descoñecer a situación “porque non escoitan”.

O deputado socialista lembra que, de acordo co decreto de uso sostible de produtos fitosanitarios, que traspón a Directiva comunitaria sobre o uso sostible de praguicidas, dende o pasado 25 de novembro só se poderán vender estes produtos para uso profesional a quen teña o carné de aplicador – manipulador.

Unha normativa que en teoría só afecta aos profesionais, en realidade inclúe unha lista de compostos tan ampla que “fai que na práctica sexa imposible adquirir ningún produto sen carné”. Ante a falla de resposta da Xunta de Galicia, “hai peregrinacións en bus cara outras comunidades limítrofes programadas de moitos/as agricultores/as que precisan con urxencia dito carné”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar