O Goberno galego prepara "pola porta de atrás" a devolución de expedientes de Dependencia

O Goberno galego prepara "pola porta de atrás" a devolución de expedientes de Dependencia

O Goberno galego prepara "pola porta de atrás" a devolución de expedientes de Dependencia

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou que o goberno galego está a preparar a devolución dos expedientes de Dependentes impoñendo o silencio administrativo negativo. Acusou ao goberno galego de “utilizar a porta de atrás da Lei de acompañamento” para “desmantelar a Lei da Dependencia”.

Así o dixo durante o debate dunha moción socialista para pedirlle a Feijóo que paralice os recortes á Dependencia e que foi rexeitada polo PP. Gallego acusou ao goberno galego de “poñer a venda antes que a ferida” ao utilizar a Lei de acompañamento aos Orzamentos para “desestimar boa parte dos dereitos concedidos” en favor dos dependentes e das súas familias grazas á Lei de Autonomía Persoal, coñecida como Lei da Dependencia.

O goberno galego continúa así, advertiu, coa súa estratexia de “desmantelar pola vía dos feitos” a Lei, logo de obrigar a repetir as avaliacións para reducir as prestacións dun dereito “que non comparten pero que non se atreven a derrogar polo custe electoral”. Por iso aumentan o número de dependentes desatendidos ao tempo que diminúen os recursos e servizos prestados tanto polo goberno galego como polo Executivo de Rajoy.

Gallego explicou que, de acordo cos últimos datos, en Galicia hai 36.645 persoas atendidas e mais de 18.000 co dereito recoñecido pero sen atender, nunha situación que é “responsabilidade nada mais que de Feijóo”. Ademais, dixo que o gasto público dedicado polo presidente galego aos dependentes está por debaixo da media estatal, xa que Galicia dedica 90,65 euros por habitante ao ano fronte aos 109,6 do Estado.

Criticou que mentres Feijóo “gábase de priorizar aos grandes dependentes” a realidade é que “Galicia perde un 9,63 por cento dos dependentes fronte ao 5,95 por cento da media estatal”.

Operación Zeta

A deputada socialista salientou a ausencia da conselleira do debate desta moción no Pleno do Parlamento, dixo, “mais preocupada polos sumarios policiais e pola súa relación cos casos de corrupción e de financiamento irregular do PP” que por resolver a situación dos dependentes desatendidos e dos desempregados.

Así o dixo aludindo á presenza de Beatriz Mato no sumario da Operación Zeta como acredora de regalos de bolsos dende a trama organizada para acadar fondos a costa de cursos de formación. Amosouse sorprendida pola “molestia” reflectida polos membros do PP logo de sinalar a súa presenza nos sumarios aludindo aos “regalos de la hostia”, e nos que “hai bolsos, e hai xamóns” como agradecemento aos responsables políticos.

Dixo que a conselleira “debera estar dedicando todos os seus esforzos e o seu tempo ocupándose á tarefa pola que foi nomeada e non de buscar cómo arranxar a súa situación diante deste caso de corrupción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar