O goberno galego, preocupado unicamente dos intereses das grandes conserveiras

O goberno galego, preocupado unicamente dos intereses das grandes conserveiras

O goberno galego, preocupado unicamente dos intereses das grandes conserveiras

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou hoxe ao goberno galego de “preocuparse por defender unicamente os intereses das 5 grandes conserveiras” que aglutina o 70 por cento dos ingresos, deixando “de lado” ás 60 empresas restantes. Así o dixo no debate dunha pregunta na Comisión de Pesca sobre o traslado de Conservas Alonso de Celeiro a Bueu, o que pon en perigo o traballo de 41 mulleres maiores de 50 anos.

O responsable socialista sinala que o que acontece coa empresa de Celeiro resulta idéntico ao caso de Conservas Cuca, en Arousa, cun goberno galego abandonando ás traballadoras e reforzando a conta de resultados das empresas, co obxectivo de centralizar a produción, robotizar as plantas ou acadar chan industrial barato.

Considera que o compromiso de manter os empregos e a actividade d empresa en Celeiro “vai quedar unicamente nun brinde ao sol, unhas declaracións de boas intencións para salvar a cara” cando en realidade “respaldan a precarización das condicións e das remuneracións dos traballadores”.

Neste caso, explica, “vimos de coñecer que a empresa ofrece 20 días por ano traballado ata un máximo de 12 meses ás traballadoras que decidan rescindir o seu contrato, ademais dun 10 por cento adicional sumado á indemnización por despido”. Esta parece ser a única preocupación do Goberno Galego, que comparecese a Secretaria Xeral de emprego así o confirma.

Sinala que “as intencións da empresa son claras” facendo esa oferta a unha plantilla composta na súa maioría por mulleres maiores de 50 anos, para as que afrontar un traslado supón un “cambio profundo na súa vida”.

Por iso o goberno galego non ten ofrecido “ningunha solución” en resposta ás peticións desesperadas de axuda e colaboración por parte do Comité de Empresa e o conxunto dos traballadores. Preguntou “cal é o compromiso do Goberno galego co emprego e coa comarca da Mariña, que ten visto en poucos anos cómo desaparecía a meirande parte do emprego industrial que tiña”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar