O goberno galego ofrece "cantos de serea" para prorrogar 75 anos a estancia de Ence en Pontevedra

O goberno galego ofrece "cantos de serea" para prorrogar 75 anos a estancia de Ence en Pontevedra

O goberno galego ofrece "cantos de serea" para prorrogar 75 anos a estancia de Ence en Pontevedra

ence-preveA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, cualificou de “cantos de serea” as supostas arengas de PP e goberno galego a favor da saída de Ence da Ría de Pontevedra mentres se preocupan de prorrogar a súa presenza durante outros 75 anos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento celebrado hoxe.

A deputada socialista sinalou que mentres o PP aprobaba unha transacción no Parlamento para levar á factoría fóra da Ría, o PP en Madrid modificaba a Lei de costas para habilitar unha nova prórroga diante da súa caducidade en 2018. Advertiu que a propia empresa ten solicitado dende decembro de 2013 dita prórroga da concesión, sen que a Xunta tivera a ben emitir ningún tipo de informe, o que aboca a continuar cos trámites.

Mentres, dixo, o 11 de xullo de 2014 o Tribunal Supremo ditaba unha sentencia na que impelía ao goberno de Rajoy a iniciar un expediente de caducidade da concesión. Sinalou que dende o 11 de outubro xa existe o regulamento de desenvolvemento da lei, que di que as prórrogas serán concedidas “sempre que non existan causas de caducidade ou se teña iniciado un expediente de caducidade” como o que reclama o Supremo.

A realidade, dixo, é que tanto o goberno galego como o central queren blindar a presenza da planta, aberta en 1959, durante outros 15 lustros na Ría de Pontevedra, incumprindo o acordo unánime do Parlamento para trasladala fóra da ría antes de 2018 e pechar o ciclo produtivo do papel en Galicia.

Tamén reclamaba o impedimento de calquera tipo de instalación complementaria vinculada ao complexo e modificando o Plan de Ordenación do Litoral para integralo na área de protección costeira que lle corresponde.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar