O goberno galego "nin está nin se lle espera" na procura de fondos de investimento do Plan Juncker

O goberno galego "nin está nin se lle espera" na procura de fondos de investimento do Plan Juncker

O goberno galego "nin está nin se lle espera" na procura de fondos de investimento do Plan Juncker

Abel LosadaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe que o goberno galego “nin está nin se lle espera” na procura de fondos de estímulo económico procedentes do Plan Juncker, anunciado polo presidente da Comisión Europea. Así o dixo no debate dunha interpelación na que criticou o desleixo de Feijóo diante desta iniciativa.

Losada lamentou que o novo conselleiro de Facenda sexa “incapaz de pronunciar as palabras pobreza e desigualdade” malia formar parte do goberno dun país que, cun 22 por cento de desemprego, duplica a taxa de paro da UE. Criticou o desinterese demostrado pola Xunta fronte a un plan que, “a pesares de que non é o plan da esquerda europea, preferimos iso a nada”.

Reclamoulle á Xunta que traballe para captar fondos do Plan, malia que teña pasado dun investimento inicial de 300.000 millóns de euros en tres anos a tan só 21.000, dos cales a España deberan corresponderlle 2.000 e a Galicia algo mais de 100.

Sen embargo, dixo, o goberno galego continúa ofrecendo o “exemplo paradigmático da desconexión entre gobernantes e gobernados” e comparounos coa raíña de Francia María Antonieta, que logo de ser informada das protestas populares por fame no seo da Revolución Francesa suxeriu que, a falla de pan, “coman pasteis”.

Losada lamentou que o presidente galego “nunca se movera para obter financiamento do Banco Europeo de Investimento” agás “para buscar financiamento para as empresas que constrúen o Hospital privado de Vigo”. Alertou do risco de aliñarse cos países que intentan bloquear o dito plan de investimento, fundamentalmente Alemaña, en lugar dos que optan por beneficiarse del.

O deputado socialista advertiu que o presidente da Xunta ten optado por situarse na “timidez” coa que ten acollido o Plan Juncker o goberno central, que “chegou tarde, mal e arrastro”, e que fronte a outros países que presentaron plans detallados para captar folios, o goberno central “presentou unha páxina”.

Acusou aos gobernos do PP de “pensar que somos imbéciles” ao intentar xustificar un investimento mínimo, ao dispoñer 1.500 millóns de euros dentro destas políticas de estímulo, fronte aos 8.000 que teñen disposto Italia, Alemaña ou Francia, que oscilan entre o 4,8 e o 10 por cento de taxa de paro fronte ao 24 por cento de España.

Lamentou que o goberno galego “renuncie a competir por uns fondos escasos pero que están aí” por unha “mera cuestión de macropolítica” e ideolóxica que os leva a renunciar a políticas de estímulo baseadas no investimento público.

Planificación económica

O responsable socialista criticou que o goberno galego limite as súas políticas de estímulo a un novo inminente proxecto de planificación económica 2015-2020, logo do “estrepitoso fracaso” do anterior Plan Estratéxico posto en marcha pola anterior conselleira de Facenda Marta Fernández Currás, e que “non conqueriu os seus obxectivos nin de lonxe”.

Reclamou pola vía formal os 74 proxectos que supostamente enviou o goberno galego para captar 1.000 millóns de euros que anunciaron no debate da iniciativa. Losada puxo en dúbida estas iniciativas porque, dixo, “resulta sorprendente que cando fan unha rolda de prensa para anunciar a contratación dun investigador non digan nada dun investimento de 1.000 millóns de euros”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar