O goberno galego, marioneta de Madrid no reparto da cota de xarda

O goberno galego, marioneta de Madrid no reparto da cota de xarda

O goberno galego, marioneta de Madrid no reparto da cota de xarda

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, lamentou hoxe que o respaldo do goberno galego ao reparto de pesca para a flota de cerco suporá a “ruína total” do sector galego. No debate dunha proposición non de Lei do PSdeG, Val acusou á Xunta de actuar como “marioneta” de Madrid en prexuízo do sector galego.

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que recorra a proposta de reparto de pesca da xarda e do resto de especies peláxicas, solicitando “un reparto lineal e xusto baseado en criterios socioeconómicos que permitan aos barcos cerqueiros galegos acceder ao recurso en igualdade de condicións”.

Reclamoulle así á Xunta que defenda os intereses da flota galega denunciando os criterios de reparto," é o momento de buscar un acordo , o Plan de Xestión do Cantábrico Noroeste foi declarado nulo polos tribunais e irremediablemente deberá ser reelaborado."

Val acusou ao goberno galego de respaldar sen condicións, un reparto imposto por Madrid que prima os dereitos históricos sobre os criterios socioeconómicos, abocando á maioría de barcos galegos “á miseria e á ruína.

Sinalou que “non entendemos cómo o goberno galego non é quén de camiñar da man dun sector ferido de morte” e prefire respaldar ao goberno central en contra da flota galega. Dixo que o PP defende unha xestión do goberno “absolutamente irresponsable” mentres “intentan espallar a estratexia do medo para que o sector deixe de reclamar o cambio dos criterios de reparto”.

Instou ao PP a respaldar á xente do mar,, fixando únicamente unha posición política que permita á nosa flota traballar en igualdade de condicións que o resto da flota do Estado. Sen embargo, apoia un reparto que resulta “claramente discriminatorio para mais do 80 por cento da nosa flota do cerco”,

A situación é tan grave que 73 barcos de cerco galegos poderán pescar menos de 15.000 quilos de xarda durante todo o ano, e os mellor parados tan só acadan 60.000 quilos de xarda, fronte aos entre 120.000 e 140.000 quilogramos que lles permiten pescar aos vascos, con casos que superan os 200.000 quilogramos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar