O goberno galego leva dous anos retrasando o desenvolvemento da Lei de Inclusión

O goberno galego leva dous anos retrasando o desenvolvemento da Lei de Inclusión

O goberno galego leva dous anos retrasando o desenvolvemento da Lei de Inclusión

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe que a Xunta manteña a Lei de Inclusión Social de Galicia sen desenvolver dous anos despois da súa aprobación. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na que denunciou a “falla de transparencia” e carecer de criterios homologables para conceder as prestacións da Risga.

Acusou ao goberno galego de levar máis de dous anos sen aprobar o desenvolvemento da Lei, con “xente que non acude por excesiva burocratización e porque o goberno denega solicitudes por criterios non contemplados na Lei”. Dixo que hai 33.000 fogares sen ingresos e 10.560 persoas que perciben a Risga, co que a Xunta tan só concede a Renda de Integración Social –Risga- ao 30 por cento das persoas que non teñen ningún tipo de ingresos.

A situación, dixo “moito peor a día de hoxe” que no ano 2009, cando Feijóo tomou posesión, xa que o número de fogares con dificultades para chegar a fin de mes duplicáronse, pasando do 10,5 ao 20,8 por cento. Lembrou que, cos datos da EPA de hoxe, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma con maior porcentaxe de fogares que chegan a fin de mes con dificultades.

A deputada socialista dixo que “contemplar os datos de pobreza en termos porcentuales é unha trampa, porque en Galicia diminuíron os ingresos das persoas nos últimos anos”, co que “hai hoxe máis persoas en pobreza que cando chegou Feijóo á Xunta”. Acusou ao goberno de encetar unha “masiva denegación de peticións para reducir o número de beneficiarios”.

Advertiu que o prazo de espera que ofrece o goberno galego reduciuse logo de varios acordos unánimes no Parlamento e de negar o PP un tempo de espera de entre 8 e 10 meses.

Pobreza infantil

Gallego acusou á Xunta de manter retido o informe sobre pobreza infantil e preguntoulle se “van deixar de novo a xestión da alimentación dos nenos e nenas con dificultades en mans dos bancos de alimentos”. Amosou a súa “preocupación por que non se repita este verán o mesmo que pasou o ano pasado, non queremos nin imaxes dos rapaces nos bancos de alimentos nin a súa estigmatización”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar