O Goberno galego incumpre a Lei ao ningunear ás xuntas provinciais e autonómica de directores de centros educativos

O Goberno galego incumpre a Lei ao ningunear ás xuntas provinciais e autonómica de directores de centros educativos

O Goberno galego incumpre a Lei ao ningunear ás xuntas provinciais e autonómica de directores de centros educativos

DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, acusou hoxe á Consellería de Educación de “incumprir a Lei” ao ningunear tanto as xuntas provinciais como a Xunta autonómica de directores e directoras de centros educativos. O responsable socialista levou á Cámara autonómica unha serie de iniciativas para denunciar o “abandono e ninguneo” de ditos órganos consultivos.

Docasar advirte que o comportamento demostrado nos últimos tempos pola Consellería de Educación evidencia unha actitude “soberbia” de quen “cre que sabe tanto que non necesita escoitar absolutamente a ninguén” nun dos momentos mais críticos para a educación pública, duramente castigada polo “austericidio” levado a cabo polo goberno galego durante o mandato do Presidente Feijóo.

Sinala que a renuncia ás achegas dos centros educativos constitúe un “erro lamentable”, ademais de “unha ilegalidade” ao “incumprir as ordes que regulan o funcionamento tanto das xuntas provinciais como da propia xunta autonómica de directores e directoras”. Advirte tamén o Portavoz de Educación do Grupo Socialista , Vicente Docasar, que estes órganos consultivos funcionaron con total normalidade durante as presidencias do Sr Fraga do Sr Touriño.

Este órgano, hoxe desbotado polo goberno galego, foi utilizado polos diferentes responsables da Consellería de Educación “como un ente que aportaba ideas e solucións para mellorar o noso sistema educativo” dende o momento da súa creación, en decembro de 1999.

Vicente Docasar critica e lamenta profundamente que o actual goberno galego teña desprezado un dos mais valiosos canais institucionais de participación e colaboración directa entre o persoal directivo dos centros educativos e a Consellería de Educación, que naceu das denominadas xuntas provinciais de directores e directoras, en decembro de 1997, que derivaron dous anos mais tarde neste órgano de ámbito autonómico.

Dá toda a sensación que a Consellería de Educación non convocará os citados órganos consultivos ata conseguir unhas xuntas provinciais e autonómica absolutamente “domesticadas” e “obedientes ao poder do partido popular”, cuestión que se producirá na próxima renovación dos citados entes, unha vez que a nova lei educativa LOMCE vai permitir que os consellos escolares sexan meros “floreiros” e perdan a súa capacidade de poder elixir democraticamente aos directores e directoras dos nosos colexios e institutos.

Será a partires dese intre, engadiu Vicente Docasar, “cando os responsables da Consellería de Educación volverán a convocar de novo aos representantes dos equipos directivos dos centros educativos galegos, iso si, serán xa uns representantes elixidos e elixidas segundo o modelo LOMCE, uns representantes máis obedientes ao poder do partido popular”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar