O Goberno galego incrementa nun 105 por cento o persoal técnico de AGADER ao tempo que reduce os fondos da Axencia

O Goberno galego incrementa nun 105 por cento o persoal técnico de AGADER ao tempo que reduce os fondos da Axencia

O Goberno galego incrementa nun 105 por cento o persoal técnico de AGADER ao tempo que reduce os fondos da Axencia

O Portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, destapou o “caso AGADER”, axencia pública da Xunta onde o goberno galego acaba de incrementar o persoal técnico nun 105 por cento.

“O goberno galego acaba de duplicar o persoal técnico de AGADER, ao pasar dos actuais dezaoito (18) técnicos do Grupo I a incrementar esta cifra de persoal en trinta e sete (37) Técnicos, ocultando á opinión pública esta medida, ao mesmo tempo que presume de racionalizar a administración” explica o deputado do PSdeG-PSOE.

O deputado socialista considera “urxente” que o conselleiro da Presidencia e Administración Pública “arroxe luz” sobre o “caso AGADER”. Os socialistas galegos piden a comparecencia do goberno para “que explique como se pode incrementar en máis dun 100% o persoal da Axencia, xusto cando menos traballo vai a ter e menos fondos vai administrar”.

“A integración en AGADER, duplicando a plantilla de persoal técnico da Axencia prodúcese nun contexto económico de redución drástica dos fondos públicos que administra a Axencia de Desenvolvemento Rural” explica José Manuel Lage, ao tempo que engade que “nos vindeiros anos AGADER vai administrar moitos menos fondos europeos e vai precisar menos persoal técnico, a súa carga de traballo xa se está vendo reducida neste momento.”

“Dificilmente se pode explicar que se incremente nun 105% a plantilla de persoal técnica de AGADER cando non se precisa persoal nesta axencia. Por iso é imprescindible que o goberno galego explique os motivos que os levaron a actuar de tapadillo e colocar na Axencia aos xerentes das fundacións comarcais”.

Os socialistas galegos veñen de presentar unha interpelación no rexistro da cámara, a través dos deputados José Manuel Lage, Xoaquín Fernández Leiceaga e Sonia Verdes. “para que no comezo do período de sesións se poida abordar este grave asunto”.

Persoal sen funcións asignadas

O goberno galego vén de alterar o cadro de persoal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao incorporar pola porta de atrás aos xerentes das extintas Fundacións Comarcais que creara no seu día o Partido Popular como consecuencia da Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Lage Tuñas denuncia “a dobre moral do Partido Popular” que “predican austeridade e non paran de facer propaganda, mentres pola porta de atrás integran aos persoal das fundacións comarcais sen asignarlle tarefa nin funcións nunha Axencia como Agader dedicada a xestionar os fondos europeos”.

“Con esta decisión estase producindo unha clara distorsión no normal funcionamento da Axencia e débese saber que a representación dos traballadores de Agader non foi informada nin consultada en ningún momento, nin desde a Consellería do Medio Rural nin desde Agader, ocultándoselle esta decisión” explica o portavoz da área institucional do Grupo Socialista.

“O Acordo do Consello da Xunta supón duplicar a plantilla de técnicos de Agader, propoñendo a creación de novas categorías profesionais, con distintas retribucións, sen definir as tarefas e funcións específicas que xustifiquen a súa creación” relatan os socialistas galegos na súa iniciativa parlamentaria.

“Trátase dunha modificación de gran envergadura que supón unha modificación substancial da configuración actual da Axencia, con evidentes implicacións a nivel organizativo, funcional e orzamentario, que afectará á planificación dos recursos humanos e ás condicións de traballo do persoal que presta agora mesmo servizos en Agader”, explicou Lage Tuñas.

“Cales son os criterios seguidos polo goberno galego para incrementar nun 100% o persoal técnico de AGADER, como explica o goberno galego a súa decisión de que se duplique a plantilla de persoal técnico da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural xusto cando minguan os fondos que a citada axencia ten que administrar?” pregúntase o deputado socialista

”O goberno ten que explicar como integran aos persoal en AGADER sen asignarlle funcións específicas, sen saber cal vai ser o seu cometido. É moi grave que non lle asignen tarefa e deben dar explicacións urxentes sobre o que está sucedendo” afirma José Manuel Lage.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar