O Goberno galego "faise trampas ao solitario" no problema do sector lácteo

O Goberno galego "faise trampas ao solitario" no problema do sector lácteo

O Goberno galego "faise trampas ao solitario" no problema do sector lácteo

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, esixiulle hoxe “claridade” ao goberno galego, ao que acusou de “facerse cartas ao solitario” na xestión do problema do sector lácteo”. Así o dixo na Comisión de Agricultura de hoxe, na que criticou o “incomprensible balance positivo” da Xunta sobre o último Consello de Ministros de Agricultura, do pasado 7 de setembro.

García lembrou que o cumio “non tivo ningún tipo de resultado efectivo ou expectativa de recuperación de prezos para os gandeiros galegos”, e augurou unha “intensificación nas protestas” dos gandeiros “para que poida haber algún resultado positivo”. Advertiu así que “tiveron que convocar tractoradas e paralizar as cidades de Lugo e Santiago para que o goberno se decatara de que había un problema”.

O Goberno galego e o Ministerio, criticou, “levan un mes de xuntanza en xuntanza botándose e trasladándose a responsabilidade entre eles sen que houbera ningún resultado para os gandeiros, que ven cómo a única forma que teñen de que lles atendan é precisamente aumentando a súa presión nas rúas”.

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego unha avaliación do último Consello de Ministros de Agricultura, e reclamoulle as propostas que tivera plantexado de cara á dita xuntanza. Asegurou que “non se pode entender que se valore positivamente cando non derivou en ningún resultado, logo de que a única petición anunciada polo Ministerio, a suba do prezo de intervención, foi desatendida”.

O único que resultou do cumio, dixo, foron “unhas medidas de axuda económica inconcretas e que en todo caso son absolutamente insuficientes para paliar as perdas acumuladas polas explotacións galegas nestes meses, ademais de medidas de estudo e análise”

Pablo García reclamoulle de novo á Xunta de Galicia que “lidere unha estratexia estatal” con respecto ao sector “aproveitando o noso mercado deficitario” sempre e cando, advertiu, “que realmente queira que o prezo do leite de Galicia teña unha recuperación inmediata”.

A continuación deberá plantexar unha estratexia europea que ten que repensar e facer unha análise urxente das medidas postas en marcha no seu día para adaptarse ao novo mercado liberalizado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar