O goberno galego destruíu a vivenda de promoción pública

O goberno galego destruíu a vivenda de promoción pública

O goberno galego destruíu a vivenda de promoción pública

vivendaO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, censurou hoxe a “destrución da política de vivenda pública” por parte do goberno de Feijóo, que pasou dos 74 millóns de orzamentos en 2009 aos 22 de 2015, dos que “tan só levan executado o 14 por cento” a día de hoxe. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para que a Xunta comece coa rehabilitación de dez inmobles históricos de Betanzos adquiridos en 2010 e paralizados dende entón.

Dixo que o voto en contra do PP á proposta de hoxe da “a proba do algodón de que isto vai de anuncio electoral”. Referiuse á creación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, dirixida “por quen se ocupou ata agora de que non existira política de vivenda”. Méndez Romeu acusou ao goberno galego de levar seis anos sen facer “nada” cos inmobles para que “hoxe o PP anuncie que van rehabilitar un só e non se sabe cando”.

Lamentou a “desidia na conservación do patrimonio” por parte do goberno galego, que mantén os ditos inmobles “apuntalados” para que non se derruben, pero sen facer ningunha actuación neles”. Este caso, dixo, “pon en evidencia, en solfa, o escándalo da creación por segregación da Consellería de Vivenda”, utilizando o nome “para escamotear unha realidade”.

Méndez Romeu advertiu que “si por algo se ten distinguido ao goberno de Feijóo é pola destrución da política de vivenda”, que fixo desaparecer a rehabilitación da vivenda protexida dos orzamentos, retirou a vivenda de protección pública en réxime de aluguer dos plans de goberno galego e leva retrasado 28 meses o convenio co Ministerio de Fomento para desenvolver o Plan Nacional de Vivenda.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar