O Goberno galego defende un modelo de viticultura que beneficia ás adegas en perxuízo dos produtores galegos

O Goberno galego defende un modelo de viticultura que beneficia ás adegas en perxuízo dos produtores galegos

O Goberno galego defende un modelo de viticultura que beneficia ás adegas en perxuízo dos produtores galegos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe á Xunta de amparar un modelo de viticultura que defende ás adegas e prexudica aos viticultores galegos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura na que lle reclamou á Xunta que aplique contratos homologado para evitar rebaixas inxustificadas do prezo da uva.

O parlamentario socialista acusou á Xunta de defender un modelo no que as adegas serán propietarias dos seus propios viñedos, prescindindo dos viticultores autóctonos de destruíndo o sistema tradicional galego. Advertiu que as adegas ampáranse na falla destes contratos para comprar uva moi barata mentres estenden os seus viñedos de cara á liberalización da produción en

2019.

Criticou a “inacción” do goberno galego, que “pretende un modelo de viticultura pegado exclusivamente ás adegas e non aos viticultores”, o que prexudicará tanto ao emprego no sector primario como á vertebración do territorio. Os socialistas galegos defenderon un modelo no que os viticultores se responsabilicen do cultivo mentres as adegas se dedican á comercialización.

Desigualdade

Dixo que o desleixo do goberno galego provoca unha “relación de desigualdade clara” entre os produtores e os compradores”. Apuntou que ao non estar obrigadas por un contrato, as adegas “alegan sobreprodución de uva para xustificar uns prezos extremadamente baixos da uva, pero ano tras ano asistimos á plantación masiva de viñedos”.

Sinalou que a suposta política en defensa dos produtores que anuncia o goberno galego resulta “contraditoria” coa ausencia de mecanismos para protexelos. Reclamoulle así ao goberno que explique “por qué non aplica os contratos homologados para garantir uns prezos xustos pola uva ou actualizan as parcelas cos censos dos consellos reguladores das denominacións de orixe”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar