O goberno galego debe rematar coas prácticas opacas nas relacións cos medios

O goberno galego debe rematar coas prácticas opacas nas relacións cos medios

O goberno galego debe rematar coas prácticas opacas nas relacións cos medios

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, ven de presentar unha moción na que reclama á Xunta que presente antes de xullo un proxecto de Lei de Publicidade Institucional “que remate coas prácticas opacas e regule de forma transparente a relación entre os medios de comunicación e o poder político”.

O parlamentario socialista presentará esta moción no Pleno do Parlamento que comeza o próximo martes para que a Xunta dea conta dun compromiso, o de aprobar esta Lei, que está a incumprir dende que fora asumido polo conselleiro de Presidencia no ano 2010. Lage Tuñas dálle a oportunidade ao conselleiro de recuperar o seu compromiso formal e “demostrar si é un xestor fiable ou non”.

Lage Tuñas reclámalle ao goberno galego que remita á Cámara autonómica, antes do remate do actual período de sesións, un informe sobre publicidade institucional. Solicita así coñecer “a totalidade dos gastos realizados pola Xunta de Galicia e as entidades públicas durante o ano 2011 por todo tipo de campañas de publicidade institucional, propagandísticas ou de sensibilización que se tiveran realizado”.

Chamou a “eliminar o abuso dos convenios discrecionais e a utilización miserable de fondos públicos en proveito partidario” e apostou por acadar un acordo que regule a propaganda e a publicidade institucional “en beneficio da sociedade e da calidade do sistema democrático”.

Lage Tuñas insta ao PP e ao Goberno galego a acordar unha proposta que regule a relación entre as administracións e os medios de comunicación, “evitando o seu uso partidista dos fondos dedicados á publicidade da actividade institucional”.

Dixo que, de ser rexeitada esta proposta, “quedan no aire todas as promesas e compromisos de rexeneración democrática de Núñez Feijóo”. Engadiu que “ao mesmo tempo podemos comprobar cómo o goberno galego está abusando dos procedementos de contratación sen publicidade, incumprindo o seu compromiso de transparencia e igualdade de oportunidades para os distintos operadores económicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar