O Goberno galego debe defender as demandas dos reitores fronte a Wert

O Goberno galego debe defender as demandas dos reitores fronte a Wert

O Goberno galego debe defender as demandas dos reitores fronte a Wert

Concepción Burgo puntualiza que modificar os plans de estudos a 3 anos de grao e 2 de master provoca un caos innecesario nas universidades e endurecen as condicións económicas.

Censura o apoio explícito da Xunta ás reformas, co que “prefire a submisión a Wert que a defensa das universidades e dos estudantes galegos”.

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamoulle ao goberno galego que se poña do lado dos reitores universitarios en contra dos cambios na organización do ensino universitario decretados polo goberno central. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento sobre o endurecemento das condicións económicas para o acceso á universidade.

Burgo explicou que a decisión unilateral de rachar co consenso acadado en 2007, polo que os plans de estudo constan de 4 anos de grao e 1 de master, para levalo a 3 anos de grao e outros dous de master, unido ao notable encarecemento das segundas matrículas e á drástica redución das bolsas de estudos supón un aforro para a administración que teñen que asumir os estudantes.

A responsable socialista puntualizou que o cambio nos plans de estudos decretado polo goberno central forman parte das 250 medidas de recorte presentadas polo goberno central no verán, concretamente na número 108. O problema, dixo, é que encarecen a universidade ao duplicar os anos de master, moito mais caros, e reducir os de grao, mais asequibles.

Ademais de ser unha decisión unilateral, dixo, ten atopado a oposición de toda a comunidade educativa, partindo dos propios reitores, que non entenden a urxencia da medida cando aínda non rematou o proceso de implantación do sistema acordado en 2007.

Apoio explícito a Wert

Censurou o apoio explícito ás reformas de Rajoy e do ministro Wert, tal e como trasladou hoxe o goberno galego na Comisión de Educación, optando pola “submisión ao ministro antes que a defensa das universidades e dos estudantes galegos”.

Lembrou que a reforma atopou importantes reticencias na Conferencia de Política Universitaria, mesmo procedentes de algunhas comunidades autónomas gobernadas polo propio PP, que trasladaron as súas dúbidas aos cambios no sistema.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar