O goberno galego debe adiantar as compensacións aos mariscadores polos vertidos na Ría de O Burgo

O goberno galego debe adiantar as compensacións aos mariscadores polos vertidos na Ría de O Burgo

O goberno galego debe adiantar as compensacións aos mariscadores polos vertidos na Ría de O Burgo

mariscadorasO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, reclamoulle hoxe á Xunta que adiante o pago de compensacións económicas aos mariscadores afectados polo peche de actividade logo de dous vertidos consecutivos de hidrocarburos na Ría de O Burgo. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión logo de que a Xunta garantira a inminente identificación dos responsables.

Val advertiu que dous vertidos rexistrados en febreiro e marzo supuxeron o peche de actividade para 100 familias da comarca durante mes e medio nos que non recibiron “un só euro de ingresos”. Advertiu que estas familias non poden permitirse a caída de ingresos e lembrou a responsabilidade do goberno galego para determinar a procedencia dos vertidos e as accións punitivas contra os responsables.

Dixo que “non pode ser que os mais débiles estean pagando a falla de protección” por parte do goberno galego que, logo de presumir de ter tomado 55 mostras e analizado 12 instalacións industriais, a día de hoxe non foi quén de identificar ás empresas responsables.

Sinalou que “si tan seguros están de identificar o vertido deberan tomar unha decisión e poderían adiantar as compensacións” que faciliten a situación dos afectados, que en Semana Santa “non puideron traballar un só día”.

Ademais, esixiulle á Xunta a toma de decisións “inmediatas” para que a situación “non se repita”, logo de lembrar que a presenza de furtivos naquelas augas “non garante que o produto contaminado non teña chegado ao consumidor final”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar