O goberno galego "atasca" a intermodal de Pontevedra

O goberno galego "atasca" a intermodal de Pontevedra

O goberno galego “atasca” a intermodal de Pontevedra

A deputada socialista Patricia Vilán reclamoulle hoxe ao goberno galego que axilice a execución do proxecto da estación intermodal para Pontevedra. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que alertou dos retrasos na execución anuais da Xunta e sinalou que o goberno “quere tunear a estación de buses e facer unha pérgola que a comunique coa de tren”.

Vilán advertiu que a Xunta deixou sen executar os 100.000 euros orzamentados para comezar co proxecto en 2017 e “os 800.840 que teñen previstos para este ano xa é difícil que se executen”. Ademais, sinalou que o orzamento plurianual do proxecto pasou dos 3,6 millóns previstos en 2017 aos 3,19 que figuran en 2018, “sen que ata hoxe ninguén nos teña explicado onde foron os 400.000 euros de diferenza”.

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que “non digan que van licitar o proxecto en maio de 2019, coincidindo coas eleccións municipais, pensen menos nos votos e máis nas persoas”, resumiu. Advertiu da urxencia deste proxecto debido ao deficiente estado da estación de autobuses, “decimonónica e infrahumana”, e sinalou que “a cidade de Pontevedra merece unha estación de autobuses”.

Reclamou a construción da estación intermodal cofinanciada entre Xunta e Concello, conectando as estacións de trens e autobuses, unindo esta última coa avenida Josefina Arruti a través dun ramal e da creación dun gran espazo de aparcamento. Explicou que “a proposta da Xunta é a instalación dunha pérgola de conexión peonil de 100 metros que atravesa unha rúa de dobre sentido, descartando un túnel ou unha pasarela elevada”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar