O Goberno galego aplica recortes "mesquiños e miserables" aos doentes crónicos

O Goberno galego aplica recortes "mesquiños e miserables" aos doentes crónicos

O Goberno galego aplica recortes "mesquiños e miserables" aos doentes crónicos

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, elevou hoxe as críticas e demandas dos pacientes crónicos, nomeadamente os doentes de diabetes á comisión parlamentaria de Sanidade.

Acuña denunciou a “preocupación que os doentes teñen respecto a como están a afectar os recortes no deterioro da atención e do material”. Neste sentido sinalou a constante queixa dos usuarios de agullas para a inxección de insulina. “Hai un clamor contra estas agullas”, dixo Acuña, que chamou a atención sobre o feito de que “hai nenos que se inxectan varias doses ao día, e o material é tan defectuoso que fai aínda máis penoso e doloroso este proceso”.

Rexeitou as explicacións do Goberno respecto de que, para o novo concurso se terá en conta a opinión de asociacións e mesmo de persoal do SERGAS que padecen a enfermidade, porque “seguen dándolle a máxima valoración ao aspecto económico, sen ter en conta sequera que, este material inservible ao final se tira, e polo tanto sae máis caro”.

Acuña denunciou tamén a escaseza de tiras para a medición da glucemia.

A preocupación da deputada socialista elevouse ao falar da figura do paciente experto. Carmen Acuña preguntou pola responsabilidade última sobre a formación e información que se traslada ao paciente diabético por outro paciente. Tamén advertiu do risco de que, coa constante merma de persoal, “deixen en mans exclusivamente dos pacientes expertos a formación de outros pacientes crónicos, unha cousa é compartir experiencias e axudar a coñecer e empregar os recursos ao alcance do paciente, pero a formación e a información debe darse con garantías”, dixo Acuña.

A parlamentaria do PSdeG propuxo tamén a formación de especialistas para enfermos crónicos que puideran atender aos nenos con diabetes ou outras enfermidades en caso de comas ou crises anafilácticas, por exemplo.

DETERIORO DA ATENCIÓN A CRÓNICOS E DESCENSO DA ESPERANZA DE VIDA

Acuña rexeitou os 2recortes mesquiños e miserables repagos que sofren os enfermos crónicos do que o máis cruel houbera sido o da farmacia hospitalaria, “do que Feijóo era un defensor entusiasta e que non se atreveu a aplicar polo rexeitamento das outras comunidades autónomas”.

A esperanza de vida acurtouse en Galicia. Sobre este dato incide especialmente a calidade de atención aos enfermos crónicos. A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista censura ao Goberno galego por “basear a atención aos crónicos na compra de aparatiños que van conectar á rede telemática que só vai ser útil para un perfil de enfermos crónicos e me temos que dentro de 2 anos nin aparatos nin cartos, porque serán obsoletos”.

Acuña acusou aos populares de esquecerse da Atención Primaria. “Resulta mellor investir en primaria que en aparatiños que só fan felices ás empresas arredor do PP”.

A socialista reivindicou o carácter público, universal e gratuíto do sistema sanitario, características que está a perder cos gobernos de Feijóo e Rajoy.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar