O goberno galego agocha datos sobre as variacións nos tratamentos oncolóxicos

O goberno galego agocha datos sobre as variacións nos tratamentos oncolóxicos

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao goberno galego de agochar os datos sobre os tratamentos oncolóxicos no Sergas para evitar dar explicacións sobre as “importantes e inxustificables variacións” en función dos centros. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade que se celebrou hoxe no Parlamento.

Acuña equiparou a xestión “nefasta” dos tratamentos oncolóxicos polo goberno galego co “baile caprichoso” que están a demostrar con vacinas como a da hepatite B ou da varicela, aplicando os fármacos “sen criterio nin sentido”. Subliñou incongruencias nos tratamentos entre diferentes hospitais, que “son negadas en Lugo pero admitidas en Santiago”.

A deputada socialista lembrou casos de pacientes falecidos agardando pola medicación, ou esperas de dous anos para recibir o tratamento en casos de cancro de mama con metástase.

Carmen Acuña advertiu das graves deficiencias sinaladas nos estudos elaborados pola Sociedade Española de Oncoloxía Médica –SEOM- sobre o acceso a medicamentos con información proporcionada pola industria farmacéutica e que ten os resultados cifrados. Esixiulle ao goberno que explique “cales son os datos correspondentes a Galicia e por qué os agochan”.
Medicamentos

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar