O Goberno galego "acaba coa rede de benestar tecida polos concellos galegos"

O Goberno galego "acaba coa rede de benestar tecida polos concellos galegos"

O Goberno galego "acaba coa rede de benestar tecida polos concellos galegos"

DependenciaA portavoz de Políticas Sociais o Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de “acabar coa rede de benestar tecida polos concellos” retirándolles as competencias ás pequenas corporacións e agora modificando o sistema establecido polo Consorcio de Servizos Sociais pola Axencia Galega de Servizos Sociais, que reducirá o peso destas entidades e aumentará os custes dos servizos.

Gallego presentou unha moción no Pleno do Parlamento para establecer unha liña de diálogo e cooperación entre Xunta e concellos para mellorar as prestacións sociais e comprometerse a non aumentar a carga económica a concellos e usuarios, que o PP foi incapaz de aprobar.

A responsable socialista advertiu que dende a chegada de Rajoy á Moncloa, o goberno central reduciu nun 70 por cento as aportacións ao Plan Concertado, o instrumento creado para financiar os servizos sociais nos concellos. A Xunta, lonxe de paliar esta redución de orzamento, deixou aos concellos á súa sorte, aplicándolles as novas cargas ás entidades locais e aos cidadáns.

Chantaxe

Explicou que mentres Rajoy aprobaba unha reforma do réxime local que lle retiraba as competencias aos concellos pequenos, a Xunta impuña o cambio do Consorcio polo modelo da Axencia a través da “chantaxe”. Esta comezou impoñendo aos concellos a liquidación das débedas das escolas infantís, unha competencia que xa non teñen, ofrecendo unha quita do 50 por cento no caso de adherirse á dita Axencia Galega de SS.

Os socialistas galegos reclamáronlle ao goberno galego que “replantee a creación da Axencia”, concibida en 2008 cun marco competencial e unha situación económica totalmente distinta á de hoxe.

O PP, dixo, rexeitou esta proposta que incluía “asumir o compromiso de que calquera modificación que se introduza na xestión dos servizos prestados polos gobernos locais e a administración autonómica non deberá supoñer nin maior carga económica para os concellos, nin para as persoas usuarias nin para as entidades do terceiro sector de iniciativa social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar