O Goberno do PP da as costas no Congreso aos estaleiros galegos

O Goberno do PP da as costas no Congreso aos estaleiros galegos

O Goberno do PP da as costas no Congreso aos estaleiros galegos

O PP escenificou no Congreso o abandono no que o Goberno deixa á os estaleiros galegos ao rexeitar unha iniciativa de impulso ao sector naval e unha emenda do Grupo Socialista coa que se solicita o financiamento de proxectos de I+D+I que aumenten a competitividade do sector naval e que permitan aos estaleiros galegos situarse á vangarda no mercado internacional.

O deputado socialista galego e relator do grupo parlamentario socialista, Francisco Caamaño, defendeu no Pleno do Congreso a absoluta necesidade de que o Goberno actúe con firmeza en defensa do tax lease ou dun sistema alternativo que permita asegurar a carga de traballo dos estaleiros españois e esixiu que, mentres non se resolva o procedemento aberto pola Comisión Europea, o Goberno estableza con urxencia un sistema transitorio que impida a severa penalización que sofre o sector e que lle fai perder competitividade nos mercados europeo e internacional.

Para Caamaño "apostar polo sector naval é un acerto pois falamos dun sector moi relevante para a economía española e dun sector cargado de futuro". Por iso, resaltou que non é momento de ir a Europa e volver con máis recortes e máis austeridade senón de ir a defender o mellor da nosa industria e esixir que se eles non invisten nos deixen investir a nós".

O parlamentario do PSOE fixo fincapé en que tras diversos procesos de reconversión e adaptación ás esixencias dun mercado que comeza a recuperarse, "o sector naval español de Andalucía, Canarias, Asturias, País Vasco e Galicia deu mostras das súas moitas capacidades para estar á vangarda na construción e reparación de buques, tanto civís coma militares e acometer outros moitos proxectos off shore"

Por iso, o voceiro socialista solicitou que o Goberno manteña nos Presupostos Xerais do Estado os programas de reindustrialización para o sector naval iniciados polo anterior Goberno Socialista e apuntou a presentación de iniciativas parlamentarias do seu grupo con solucións alternativas ao sistema do tax lease.

Ademais, referiuse concretamente á situación dos estaleiros galegos da ría de Ferrol e sinalou que "os estaleiros públicos de Navantia son un centro de referencia na construción naval do noso país e unha peza clave no desenvolvemento económico de toda a bisbarra". Así, considera que "apostar polo sector naval en Galicia é apostar polo futuro da Comunidade Autónoma, consolidando un sector industrial prioritario de longa tradición e á cabeza en innovación e tecnoloxía"

"Durante estes anos -sostivo- o Goberno Socialista adoptou medidas para asegurar a carga de traballo dos estaleiros". Non obstante, advertiu que "a continuidade do esforzo de investimento realizado se encontra en situación de risco se non se implementar medidas concretas que aseguren a carteira de pedidos". Neste sentido, apuntou a necesidade de reactivar a fábrica de turbinas, impulsar a construción do dique flotante e desenvolver o centro de reparacións de Navantia na ría de Ferrol para a preparación dos estaleiros á construción civil.

"Son propostas razoables -manifestou- que xa contaron no pasado co apoio do PP nesta Cámara e que tamén secundou o PP de Galicia, que fixo público o seu compromiso de cofinanciar o dique flotante para reparacións".

Non obstante, Caamaño resaltou que "a pesar dos compromisos asumidos polo PP na Xunta de Galicia, o Goberno virou hoxe as costas no Congreso aos estaleiros galegos"; "o Goberno debe saber que destinar recursos públicos ao sector naval é un investimento e non é un gasto". Non é déficit, é futuro" -engadiu

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar