O Goberno debe devolverlle a dignidade aos pensionistas emigrantes e "deixar de tratalos como defraudadores"

O Goberno debe devolverlle a dignidade aos pensionistas emigrantes e "deixar de tratalos como defraudadores"

O Goberno debe devolverlle a dignidade aos pensionistas emigrantes e "deixar de tratalos como defraudadores"

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle hoxe ao PP e ao goberno que lle “devolvan a dignidade” aos pensionistas galegos multados por percibir prestacións polo seu traballo na emigración. Gallego interveu na Comisión de Economía, na que lembrou que os afectados “non son defraudadores” e reclamou a retirada das sancións e a ampliación dos prazos para efectuar o pago.

 

Gallego esixiulle ao goberno que “faga xustiza e deixe de tratalos como defraudadores”, xa que en realidade “son persoas mal informadas”. Ademais, advertiu que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia está a ditar sentenzas favorables aos afectados, polo que “non está claro que estean obrigados a declarar as pensións percibidas dende o estranxeiro”.

 

Por este motivo reclamou que “paren xa de notificar sancións económicas” aos pensionistas galegos afectados e se limiten a cobrar as tributacións polas súas pensións con períodos mais longos, eximindo do pago de sancións e intereses de demora a aqueles que regularicen a súa situación fiscal.

 

A responsable socialista considera “deleznable” esta campaña posta en marcha “premeditadamente” pola Axencia Estatal de Administración Tributaria aproveitando unha “evidente falla de información”.

 

Advertiu que esta situación está a afectar ás persoas coas pensións mais baixas de todo o Estado, cunha media de 700 euros, no peor da crise económica. Estes pensionistas, dixo, teñen que afrontar sancións de mais de 15.000 euros cun prazo de 18 meses para afrontar o seu pago, o que “estrangula a economía de moitos cidadáns do país”.

 

Inmoral

 

Carmen Gallego considera “inmoral” que o gobeºrno aplique estas sancións sobre os pensionistas ao tempo que pon en marcha unha amnistía fiscal aos defraudadores. Lembrou que nesta só aflorou o 3,9 por cento dos impagos evadidos, e que supuxo unha condonación media de 300.000 euros por persoa, entre os que se contan Bárcenas, 7 imputados pola trama Gürtel, Diego Torres ou a curmá do Rei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar