O Goberno debe dar conta das irregularidades nos contratos con Fesan

O Goberno debe dar conta das irregularidades nos contratos con Fesan

O Goberno debe dar conta das irregularidades nos contratos con Fesan

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista reclamou hoxe unha batería de comparecencias, de ata seis conselleiros e catro altos cargos do goberno, todos eles relacionados con contratos concedidos á Fundación de Estudos e Análises –Fesan- logo da alerta do Consello de Contas fronte ás irregularidades nos cursos de formación.

A responsable socialista alerta dun “presunto trato de favor transversal” do que participan practicamente tódolos departamentos do goberno galego con diversas contías e diversos motivos, dende cursos de formación ata a xestión de centros residenciais ou escolas infantís. Todo un “entramado de enxeñería” de xestión de axudas concedidas e aprobadas polo procedemento negociado sen publicidade e cunha “sorprendente celeridade”.

Os socialistas queren que expliquen as axudas concedidas polos seus departamentos os conselleiros de Política Social, de Economía, Emprego e Industria, así como os de Educación, Medio Rural Mar e Infraestruturas e Vivenda, así como os secretarios xerais de Igualdade e Emigración e as directoras da Axencia de Turismo de Galicia e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A deputada socialista quere que o goberno galego dea conta das irregularidades denunciadas polo Consello de Contas e por qué non lle entregaron as contas “en tempo e prazo”. Tamén quere que respondan do suposto trato de favor ofrecido dende o goberno galego con inspeccións laxas, a concesión de recoñecemento oficial aos cursos e prácticas supostamente irregulares.

Axudas

Soneira advertiu que a única comunicación oficial da Xunta recoñece axudas por 8,1 millóns de euros entre 2009 e 2013. A responsable socialista puntualizou que dende a chegada de Feijóo ao goberno galego e o exercicio de 2014 a Fundación recibiu varias axudas menores correspondentes á Consellería de Presidencia, así como 2,5 millóns de Traballo ou outros 5 de Asuntos Sociais.

Tamén recibiu axudas procedentes da Consellería do Mar por preto de 200.000 euros, “incluíndo unha sorprendente partida para organizar unha exposición”, e diversas contías de Educación e Medio Ambiente.

Explicou que o caso de Fesán constitúe tan só unha parte de “todo un rosario de organizacións que teñen como nexo común a utilización de fondos públicos, os contactos coa administración, con trasvase de cargos incluído, e os vencellos políticos co PP.

Lembrou o caso investigado pola Operación Zeta, con trato de favor a militantes destacados, supostos cursos de formación ficticios e desvío de recursos, ou a trama dos cursos de Lalín investigado na Operación Qatedra.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar