O goberno debe dar a cara fronte aos danos ocasionados polos temporais

O goberno debe dar a cara fronte aos danos ocasionados polos temporais

O goberno debe dar a cara fronte aos danos ocasionados polos temporais

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, fixo pública hoxe unha batería de ata 20 iniciativas parlamentarias sobre os danos ocasionados polos temporais. Os socialistas dirixiranse ao Goberno dende o Pleno e as comisións Institucional, de Infraestruturas, Educación, Pesca ou Agricultura para demandar unha avaliación de danos e a resposta do Executivo.

Os socialistas galegos preguntarán así á Xunta pola súa actuación fronte aos danos provocados polo temporal no subministro eléctrico, desbordamento de ríos, os estragos nos portos e demais infraestruturas públicas, ou o caos nas liñas ferroviarias. Ademais, levarán á Cámara a “non suficiente” mobilización dos recursos de salvamento e extinción por parte do servizo de emerxencias 112.

Díaz Villoslada reclamou así unha actuación “máis proactiva” en favor dos afectados por parte da Xunta, e nomeadamente do Instituto Galego de Consumo, a quen lle pediu que “deixe de funcionar en segunda instancia e tome a iniciativa de facilitar as reclamacións e aumentar polo tanto a protección dos consumidores”.

Deben ser os representantes institucionais os que se poñan en contacto coas eléctricas para habilitar vías de reclamación e eviten así o “impasse buirocrático” e a “pelegrinaxe” dos afectados coas súas protestas na man.

Ademais, esixiulle ao goberno galego “máis rigor” na súa actuación e que dea conta no Parlamento dos resultados da investigación e o expediente informativo que teñen anunciado, así como da avaliación de danos e as medidas correctoras previstas para evitar estes problemas. Criticou que evitaran “dar a cara” rexeitando a comparecencia no Pleno do Parlamento que solicitaron os grupos da oposición o pasado martes.

O parlamentario socialista criticou a resposta do director xeral de Emerxencias, que esta semana dixo nos medios de comunicación que fixeran un máster en xestión de temporais. Díaz Villoslada sinalou que “aquí non se ven facer un máster, hai que vir cos deberes feitos”.

A electricidade non é un ben de luxo

Juan Díaz Villoslada reclamou unha resposta contundente do goberno galego fronte ás eléctricas, que protagonizaron, dixo, “o máis sangrante” destes temporais, con milleiros de galegos e galegas sen electricidade nas súas casas ou negocios entre 3 e 5 días.”Coa que está caendo na factura da luz e con Galicia como produtora excedentaria de enerxía non é de recibo” esta situación e que non exista unha “taxa de reposición” no servizo en Galicia.

Lembrou que “a enerxía non é un ben de luxo, é un ben de consumo vital”, e considera “perfectamente esixible” por parte da Xunta un plan de actuación das eléctricas que impida fallas tan prolongadas de subministro eléctrico. Dixo que a Xunta debe actuar “para que as posicións dominantes de oligopolio das grandes compañías non se traduzan nun abuso sobre os fogares e as Pemes galegas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar