"O Goberno de Rajoy reflicte unha composición partidaria, rebaixa o peso de Galicia e a paridade voa polos aires"

"O Goberno de Rajoy reflicte unha composición partidaria, rebaixa o peso de Galicia e a paridade voa polos aires"

"O Goberno de Rajoy reflicte unha composición partidaria, rebaixa o peso de Galicia e a paridade voa polos aires"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, dixo hoxe que a composición do futuro goberno de Rajoy prexudica notablemente a Galicia. Así o dixo logo de sinalar a redución de ministros galegos e a desaparición da Pesca do organigrama do Executivo anunciado hoxe polo presidente do Goberno.

Losada concluíu que “o depende de Rajoy é o perfil dos nomeamentos e o papel que van xogar” ao nomear un Goberno “de perfil baixo, de política partidaria, con Galicia desaparecida ou co seu peso rebaixado e no que a paridade voa polos aires”.

Con relación ao nomeamento de Ana Pastor como ministra de Fomento en substitución de José Blanco, dixo que “estou seguro de que asinará un novo pacto que confirmará de novo 2015 como ano de chegada do AVE a Galicia” tal e como fora comprometido polo goberno socialista. Ata ese momento, dixo, “só temos o depende e a data de 2018 ou despois anunciado por Rajoy e o silencio vergonzante de Feijóo”.

Lembrou que para o presidente da Xunta ata hai só un mes, a conclusión da infraestrutura ferroviaria en 2015 supuña unha data “estratéxica e fundamental para o desenvolvemento económico” de Galicia. Sinalou que o relevante do nomeamento de Pastor deriva de que “forma parte do núcleo duro estritamente político de Rajoy” e non da súa valía como xestora.

En calquera caso, lamentou que Galicia vexa limitada a súa representación a unha única ministra, o que se une á desaparición de facto da carteira de Pesca do organigrama do goberno do Estado, co que minora a súa categoría. Advertiu que “ignoramos ónde se ubicará un sector moi importante para Galicia e que necesita ter referentes para negociar en Europa” e saber si alguén participará nos consellos de ministros de Pesca.

Salientou a decisión “un tanto contraditoria” de anunciar un ministerio propio para Agricultura “e finalmente aparece xunto con Medio Ambiente”, mentres “nótase que as próximas eleccións son andaluzas” polo notable peso dos representantes desta Comunidade Autónoma.

Ironizou co feito de que o próximo goberno “perfectamente podería facer as reunións do Consello de Ministros na rúa Xénova e non en Moncloa” debido ao carácter “estritamente de partido” dos nomeamentos, para os que Rajoy escolleu, salvo excepcións, “aos seus compañeiros de travesía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar