O goberno de Feijóo trouxo “unha economía máis debilitada, peores prestacións en servizos públicos e retroceso democrático”

O goberno de Feijóo trouxo “unha economía máis debilitada, peores prestacións en servizos públicos e retroceso democrático”

O goberno de Feijóo trouxo “unha economía máis debilitada, peores prestacións en servizos públicos e retroceso democrático”

O PSdeG-PSOE ven de iniciar unha campaña trasladar a toda a militancia e cadros de partido os recortes que están a sufrir os dereitos cívicos e as prestacións sociais en Galicia dende a chegada de Feijóo ao goberno. O secretario de Organización, Pablo García, presentou esta campaña, que inclúe a edición de dípticos con información sobre todos os recortes destes dous anos nos que a acción política do Goberno de Feijóo estivo caracterizada polo “tixeretazo”.

Así, García resumiu os dous anos de Goberno de Feijóo en “unha economía máis debilitada, peores prestacións en servizos públicos e retroceso democrático” e asegurou que “a única ferramenta de Feijóo foia tesoira, e a súa acción política, o tixeretazo”.

Detallou que, dende que goberna Feijóo destruíronse 75.000 postos de traballo en Galicia, con 148 empregos menos cada día e cunha cifra récord no paro, con 248.279 desempregados en Galicia. Sinalou que mentres tanto, o Goberno de Feijóo decidiu recortar 65 millóns de euros nas políticas activas de emprego.

No que respecta á sanidade, García lembrou que 250.000 persoas están en lista de espera, e denunciou que os galegos e galegas teñen acceso a 427 medicamentos menos co catálogo de fármacos do Goberno galego.

En Educación, García destacou que a primeira medida de Feijóo fose suprimir os libros de texto gratuítos, ao que se suma o recorte de 500 docentes do ensino público e a supresión das becas de investigación que deixou a 3.000 investigadores sen axudas. Tamén criticou as políticas do Goberno de Feijóo en servizos sociais, ao lembrar que hai 220 concellos sen centros de día, e 41.000 familias que agardan polas axudas á dependencia.

O dirixente socialista aludiu ademais aos recortes en vivenda, cunha diminución de 113 millóns para a rehabilitación de vivenda pública; a supresión de liñas de Noitebus que afectan a 180.000 mozos e mozas; ou en materia de pesca, a supresión do seguro colectivo do mar e das pensións ás mariscadoras.

Criticou especialmente as políticas do Goberno galego nos sectores productivos, coa paralización do plan eólico, do plan de acuicultura e o plan de infraestruturas; ao que se engade a falla de políticas para incentivar o sector agrícola que levou ao peche de 1.700 explotacións gandeiras, lembrou.

García evidenciou ademais a nefasta xestión do Goberno galego en Medio Ambiente, coa paralización do plan de saneamento das rías e a suba do prezo da auga nun 140 por cento.

Concluíu afirmando que “todos os galegos e galegas perdemos algo dende a chegada de Feijóo á Xunta”, e que o famoso contrato de Feijóo con Galicia resultou ser “unha estafa”.

Díptico campaña 2 anos de recortes

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar