O Goberno de Feijóo pon en risco a viabilidade de Meteogalicia en aras dunha falsa austeridade

O Goberno de Feijóo pon en risco a viabilidade de Meteogalicia en aras dunha falsa austeridade

O Goberno de Feijóo pon en risco a viabilidade de Meteogalicia en aras dunha falsa austeridade

A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG e portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Carmen Gallego, denunciou que o Goberno de Feijóo poña en risco a viabilidade de Meteogalicia en aras dunha falsa austeridade.

Gallego expresou a solidariedade dos socialistas galegos cos traballadores e traballadoras de Meteogalicia afectados polos recortes de persoal neste servizo público e o recoñecemento ao seu traballo “que ao parecer, non é considerado polo Goberno de Feijóo”.

A responsable socialista sinala que a Xunta debería buscar outras formas de aforrar gastos en lugar de optar polo despido do 20% do persoal. “Isto demostra que o Goberno de Feijóo non ten en realidade ningún interese en manter o servizo, e o que busca en realidade é o seu desmantelamento”.

Así, Gallego lembrou que “non hai moito tempo que Feijóo falaba de pedir competencias en meteoroloxía ao Goberno central”, e preguntouse si “isto sería para desmantelar logo o servizo meteorolóxico, como está a facer agora”.

Por elo, a responsable de Medio Ambiente anunciou que os socialistas galegos presentarán unha batería de iniciativas no Parlamento, a fin de que o Goberno galego explique como garantirá un servizo público meteorolóxico de calidade con estes recortes. Así mesmo, lembrou a importancia deste servizo en Galicia, “tendo en conta que sectores tan importantes como a pesca e a agricultura dependen en grande medida dunha boas previsións climatolóxicas para a súa actividade diaria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar