O Goberno de Feijóo parécese cada día máis a un camerino de teatro malo"

O Goberno de Feijóo parécese cada día máis a un camerino de teatro malo"

O Goberno de Feijóo parécese cada día máis a un camerino de teatro malo"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada criticou a falla de reactivación económica, a falla de rexeneración democrática e o abandono dos servicios públicos por parte do Goberno de Feijoo. Afirma que o Goberno de Galicia “parece cada día mais a un camerino dun teatro malo”, e engadiu “senón fose un drama a situación económica, Galicia, seria unha comedia de enredo donde sen ningunha dubida o único que hai son trucos, sombras chinesas e moito maquillaxe”. E proseguiu “hai maquillaxe nas listas de espera, nas listas de paro e hai unha estratexia de confusión e de menosprezo aos galegos”. Por iso subliñou que dende o PSdeG-PSOE “vamos a desenmascarar esta mala obra de teatro”.

En rolda de prensa, para presentar as iniciativas socialistas do vindeiro pleno da Cámara Autonómica que se celebrará os días 3 e 4 maio, Losada reclamou a comparecencia do Conselleiro de Economía e de Industria na Cámara para que dea explicacións sobre o plan de I+D+i, pero denuncia que esta solicitude foi rexeitada polo PP. Neste punto aludiu aos “70.000 fogares nos que ningún activo esta empregado”.

Anunciou tamén que defenderan unha interpelación sobre a VAC da Costa Norte Ferrol-San Cibrao, e lembrou que o investimento de Feijoo nas infraestructuras de Galicia “segue a reducirse de maneira drástica”, e pola contra subliñou o esforzo inversor do Ministerio de Fomento “que impulsa a licitación de obra publica na nosa Comunidade”.

Sobre a rexeneración democrática o portavoz socialista reclamou a comparecencia do Conselleiro de Presidencia para explicar a utilización da administración autonómica como un instrumento de control político, “con acusacións de abuso de poder contra dous membros do Goberno de Feijoo”, pero lamentou que esta proposta tampouco foi aceptada.

Legalidade urbanística

Losada tamén fixo alusión a unha interpelación sobre a legalidade urbanística. Afirma que Feijoo ten un deseño do mapa de Galicia con concellos nos que o urbanismo aparece como un elemento que lanza sombras de Alcaldes do PP como Barreiros e Fisterra “donde a Xunta segue buscando escusas, pero sen dicir nada”, insistiu.

O portavoz socialista cualificou a rexeneración democrática do PP “como de cinismo político difícil de dixerir”. E criticou duramente a presencia de tránsfugas e imputados nas listas do PP, e a xustificación de practicas caciquís e decimononicas nas Deputacións Gobernadas polo Partido Popular. Dixo que o Conselleiro da Presidencia obvia todos estes asuntos nas súas comparecencias “actúa como si non fora con el nin co PP, nin co Presidente da Xunta”. Por iso acusouno de menosprezar aos cidadáns de Galicia.

18.000 pacientes en lista de espera

No que atinxe ao reforzo dos servicios públicos anunciou que presentou dúas iniciativas. Unha proposición sobre a sanidade na que reclama a recomposición hospitalaria en Ourense.Tamén denunciou a política sanitaria, xa que dixo que pasa pola “privatización, a maquillaxe e o engano”. Advirte que os datos das listas de espera están maquillados, e asegura que “os datos da listas de espera non estructural están desaparecidos, e segundo datos que dispón o PSdeG “supoñen mais de 18.000 pacientes, ademais a espera media incrementouse en 5 días, e hai case 4.500 galegos esperando por probas medicas”, sentenciou Losada.

Tamén se debatera outra proposición sobre a política de xestión forestal da Xunta, e reclaman que se asinen os convenios de colaboración cos concellos para a prevención de incendios forestais.

A pregunta do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Manuel Pachi Vázquez será sobre os compromisos que ten asinado Feijoo con Galicia, e nomeadamente sobre a non reactivación económica, a non rexeneración democrática e o abandono dos servicios públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar