O goberno de Feijóo é o principal responsable de ter enviado 113.000 galegos e galegas ao paro dende 2009

O goberno de Feijóo é o principal responsable de ter enviado 113.000 galegos e galegas ao paro dende 2009

O goberno de Feijóo é o principal responsable de ter enviado 113.000 galegos e galegas ao paro dende 2009

cola-del-paroA portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, dixo hoxe que a incompetencia na xestión do goberno galego tivo como consecuencia o aumento de 113.000 novos desempregados e a redución da poboación ocupada en 180.000 persoas dende a chegada de Feijóo. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Traballo para dar conta do Plan Anual de Emprego de Galicia, hoxe no Pleno do Parlamento.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de responder con publicidade e propaganda para agochar a un “fracaso total” que supón un aumento do 70 por cento no desemprego fronte ao 36 por cento do conxunto de España, ata sumar 275.000 persoas, un aumento trimestral de 11.900 persoas.

Hoxe, explicou, o número de parados e xubilados de Galicia supera á poboación traballadora, e por cada menor de 20 anos hai 7 xubilados, mentres a taxa de paro xuvenil aumenta un 60 por cento dende 2010 e a taxa de ocupación descende en case un 30 por cento.

María Quintas criticou que dende o ano 2009 o desleixo do goberno galego provocou a destrución de 80.000 empregos xuvenís, a razón de 45 empregos ao día, mentres unha media anual de 13.000 mozos e mozas abandonan Galicia.

Ineficacia

A deputada socialista criticou a xestión “sumamente ineficaz” do goberno galego, que respondeu a unha situación crítica reducindo en mais da metade os orzamentos para políticas activas de emprego, dende os 421 millóns de euros de 2009 aos 193 de 2015. Ademais de reducir o orzamento de forma drástica, criticou que a Consellería de Traballo deixara sen executar o 31 por cento do seu orzamento no ano 2014.

Criticou a incompetencia da conselleira por ter deixado sen executar 85 millóns de euros dos 271 orzamentados para todo o exercicio, o que supón que “de cada tres euros, un deles non foi executado na anualidade correspondente”.

Quintas lamentou que o goberno galego responda a esta situación presentando hoxe un plan de actuación “agochando a documentación oficial” ao Parlamento, que “no mellor dos casos poderá reducir o desemprego en 15.000 persoas”.

Estas axudas estarían destinadas principalmente a cursos de formación, logo de, lembrou, o escándalo provocado polo presunto desvío de fondos de formación ao financiamento do PP investigado na Operación Zeta, e mentres destinan o 94 por cento das axudas correspondentes aos programas de emprego a concellos dirixidos por alcaldes do PP.

Moción

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, dixo hoxe que a destrución de emprego e a depreciación salarial brutal provocadas polas políticas de Feijóo “afastan a Galicia da recuperación cada vez mais”, volvendo a “parámetros de hai 30 anos”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para que a Xunta poña en marcha un Plan de retorno para as persoas emigradas, que foi vetado polo PP.

Quintas considerou “incomprensible” que a conselleira de Traballo “diga que todo vai estupendamente cando carecen de proxecto de país e de políticas proactivas para a creación de emprego”, cando os contratos precarios e a fenda salarial aumentan, cando a taxa de paro entre os mozos e mozas aumenta un 60 por cento e cando cada día 40 persoas abandonan Galicia.

Acusou ao goberno galego de abandonar a 95.000 fogares galegos con tódolos seus membros en paro, mais do dobre que cando Feijóo tomou posesión en 2009, e mentres “a única resposta das políticas do goberno galego é reducir e recortar nas políticas activas de emprego”.

Veto

Quintas criticou o veto do PP a un Plan de retorno para os mozos e mozas emigradas “especialmente dirixido á mocidade” que permita a súa integración laboral en Galicia. tamén reclamou executar o cen por cen dos orzamentos anuais en políticas activas para o emprego e formación das persoas desempregadas, incrementando a súa dotación nun 80 por cento por cada persoa desempregada.

A responsable socialista reclamoulle á Xunta que se dirixa ao goberno central “co obxecto de poñer en marcha os mecanismos necesarios para acadar un maior grao de protección das persoas desempregadas, utilizando as diferenzas á baixa producidas no menor gasto público por prestacións dos últimos anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar