O Goberno de Feijoo desmantelou a Unidade de Policía Adscrita e eliminou 50 patrullas de prevención de lumes

O Goberno de Feijoo desmantelou a Unidade de Policía Adscrita e eliminou 50 patrullas de prevención de lumes

O Goberno de Feijoo desmantelou a Unidade de Policía Adscrita e eliminou 50 patrullas de prevención de lumes

O portavoz de Interior e Emerxencias do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, acusou á Xunta de Galicia e nomeadamente ao conselleiro de Presidencia polo “desmantelamento da Unidade de Policía Adscrita”. Dixo que dende a chegada de Feijóo ten eliminado 50 patrullas de control e prevención de incendios, así como 80 axentes desta Unidade.

Juan Carlos Francisco presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que o conselleiro de Presidencia dea conta diante do Parlamento da súa xestión para levar á Unidade de Policía Adscrita a unha “situación penosa” que deriva nunha “imposibilidade humana de prestar vixilancia eficaz contra os incendios”.

Esixiu ao Goberno presidido por Feijóo que “deixe de confrontar co goberno do Estado e poña os cartos necesarios para que Galicia conte con mais policías dedicados a prever e investigar os incendios”. Reclamou a Presidencia que complete a plantilla de policías ata os 500 efectivos que ten asignados Galicia, xa que dende a chegada de Feijóo ten perdido outros 80 membros ata acadar o mínimo de 352 cos que hoxe conta o corpo.

Advertiu que a ausencia de policías dilata a resolución dos expedientes de investigación de incendios ata o inverno, especialmente en Ourense, onde hai maior número de lumes e o déficit de persoal resulta mais flagrante”.

A situación, dixo, resulta “dramática en Galicia e especialmente en Ourense, onde unicamente 4 axentes –unha ou dúas patrullas- están obrigadas a controlar os incendios e investigar aos incendiarios en todo o territorio da provincia”.

Estatísticas infladas

O parlamentario socialista acusou á Consellería de Presidencia de “presionar aos policías” para incoar dilixencias que por procedemento derivan en imputacións e xeran “datos irreais” xa que a maioría acaban “en nada”. Co fin de inflar as estatísticas, dixo, a Xunta obriga a abrir incidencias por cuestións “meramente agrícolas” que “non teñen transcendencia penal algunha”.

Juan Carlos Francisco presentou unha iniciativa na que puxo como exemplo o sucedido o pasado 4 de xullo, cando a un veciño da Merca –Ourense- se lle incoaron dilixencias policiais por afiar unha cuchilla da que saltou unha chispa que supostamente queimou 10 metros cadrados de pasto. Juan Carlos Francisco anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para esixir responsabilidades políticas diante desta ofensiva de mentiras e presións”.

Xogar coa seguridade

O responsable socialista esixiu ao conselleiro de Presidencia que “deixe de xogar coa seguridade dos galegos e galegas” e cumpra co convenio asinado co Estado en 1991 polo que a Xunta ten que asumir a metade dos gastos de persoal da UPA. Dixo que as críticas da Xunta son “desculpas de mal pagador” e que debe “deixar de enredar e orzamentar os 6,5 millóns de euros que lle corresponden ao goberno galego”.

Juan Carlos Francisco presentou unha Proposición non de Lei na que reclama ao Conselleiro de Presidencia “intelixencia, sentido común e vontade política para que a seguridade dos galegos non se resinta”. Reclamou “mais diálogo, menos insulto e moita máis responsabilidade por parte da Consellería de Presidencia, que é quen ten as competencias sobre a UPA”.

Nesta iniciativa, reclama ao Goberno galego abrir “mecanismos de diálogo” co Estado para cubrir as prazas vacantes ata as 500 asignadas a Galicia, así como o cumprimento das obrigas establecidas polo convenio co Ministerio do Interior para cofinanciar os gastos de persoal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar