A Xunta aprobou "leis á carta que dan barra libre" para a instalación da incineradora sur sen protección ambiental

A Xunta aprobou "leis á carta que dan barra libre" para a instalación da incineradora sur sen protección ambiental

A Xunta aprobou "leis á carta que dan barra libre" para a instalación da incineradora sur sen protección ambiental

A secretaria de Organización Provincial do PSdeG, María Quintas, denunciou que a Xunta aprobou unha serie de normas lexislativas que dan “barra libre” para a instalación da incineradora sen protección medioambiental, “leis á carta” para as que “curiosamente” a incineradora cumpre os requisitos e polas que é o propio conselleiro quen decide cal é a protección medioambiental.

Quintas insistiu en que o Partido Socialista está radicalmente en contra da incineración en xeral e concretamente da instalación desta planta na comarca do Carballiño-Ribeiro.

Ante a visita realizada onte polo conselleiro de Medio Ambiente, criticou que nunca vén para anunciar unha inversión importante, senón que “nos visita para contar verdades a medias por non dicir mentiras completas”, e que pouco lle faltou para dicir que “as dioxinas e os fumes” que vai botar a incineradora serán “perfume”.

Quintas entregou documentación lexislativa sobre as iniciativas levadas a cabo polo Goberno de Feijóo para que non exista ningún tipo de protección medioambiental para calquera tipo de industria, e afirmou que tal e como está é o conselleiro quen pode dar unha adxudicación a amigos ou con intereses particulares.

“Ao non existir protección medioambiental de obrigado cumprimento non existe protección para a cidadanía”, dixo, ao que engadiu que o PP utilizou distintos subterfuxios para evitar o que mandan as directivas europeas e estatais, e en primeiro lugar aproba un Plan de Residuos cunha clara tendencia á incineración.

“O que eles chaman valorización enerxética é incineración e vertedoiro”, explicou, “e a proba a temos en Sogama”. Despois “pola porta de atrás” aproba un Plan Eólico, a unha empresa se lle adxudican 238 megawatios que se compromete a construír unha incineradora, algo que tamén sorprende porque a recollida de lixo tería que saír a concurso público.

A continuación a aprobación da Lei de Industria do 2 de xaneiro de 2012 se especifica que haberá proxectos estratéxicos que non deberán pasar unha serie de requisitos medioambientais, e en concreto di “o volume de investimento deberá ser como mínimo de 50 millóns de euros e o nivel de creación de emprego deberá ser superior a 250 postos de traballo directos”.

Quintas tildou de “curioso” que xusto estas cifras sexan as que anuncian para esta incineradora, polo que afirmou que se trata dunha “lei á carta” para poder levar a cabo unha serie de plans que non necesitan todas as proteccións medioambientais.

“O goberno da Xunta aprobou unha tras unha lexislación para deixar barra libre e para que non exista protección medioambiental”, afirmou, e engadiu que na Lei de Orzamentos hai un apartado polo que será o Sr. Hernández o que decida cal é a protección para a incineradora do Irixo.

“Nos preocupa moitísimo que o Sr. Hernández veña a enganarnos porque as leis están publicadas”, sinalou.

Ademais, Quintas explicou que o Sr. Hernández debe estudar os proxectos que se lle presentan, e lles dará trámite “se quere”, e amosou “dúbidas razoables” obre a empresa Estela Eólica pola súa falta de experiencia e pola súa recente creación, pouco antes da aprobación do Plan de Residuos.

Sobre “o esperpento” que están montando Manuel Baltar, José Luís Baltar, Argimiro Marnotes, e Rogelio Martínez, non é máis que “unha estratexia política” “para amarrar uns votiños”, e que no caso de Marnotes a quen si lle vale que poñan en Lalín “o primeiro que hai que facer é dicir a verdade e o segundo ler un pouco, porque o radio de incindencia desta incineradora son 30 quilómetros.

“O Partido Popular o sabe e vén a mentir, e o Partido Socialista non llo vai a permitir”, concluiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar