O Goberno confirma que a clave S-698 foi inventada pola Xunta para maquillar os datos do paro en Galicia

O Goberno confirma que a clave S-698 foi inventada pola Xunta para maquillar os datos do paro en Galicia

O Goberno confirma que a clave S-698 foi inventada pola Xunta para maquillar os datos do paro en Galicia

O deputado socialista Xavier Carro recibiu varias respostas parlamentarias por escrito do Goberno nas que "queda patente que a clave S-698, que implica a suspensión da demanda de desempregados, é unha clave inventada pola Xunta de Galicia co fin de maquillar os datos de paro de Galicia".

O Goberno confirma nas devanditas respostas que "a clave S-698 é de uso interno e exclusivo da Xunta de Galicia", que "dita clave foi definida pola Xunta" e "que non é visible a través dos accesos que ten o Servizo Público de Emprego Estatal ao SISPE (Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego).

Así mesmo, explica que o conxunto de todas as CCAA e o Servizo Público de Emprego Estatal deciden que claves son compartidas por todos os servizos de emprego, que serven para identificar situacións e colectivos comúns a todos eles.

Non obstante, confirma que "a clave S-698 non se encontra entre ningunha das claves asignadas ás causas comúns de suspensión" e incide que "se as demandas de emprego que teñen esa clave asignada pola Xunta se encontran en situación de suspensión, a devandita situación debe consignarse en SISPE a través das causas comúns".

Carro sinala que "a Xunta terá que explicar a que desempregados engloba na clave S-698 e por que causa suspende a súa demanda de emprego", xa que -segundo confirma o Goberno- a devandita clave non está asignada a ningunha das causas de suspensión comúns a nivel nacional (incapacidade, formación, maternidad...etc.) e non é visible a nivel nacional. "A Xunta esconde parados" -afirma.

Nas respostas, o Goberno indica expresamente ademais que "na confección da estatística do paro rexistrado soamente interveñen as demandas en alta"; "as demandas suspendidas non computan na estatística do paro rexistrado" e que "as persoas coa demanda nesta situación de suspensión, ven limitada a súa capacidade de acceso a ofertas de emprego e servizos, salvo que expresen a súa vontade en sentido contrario,".

Por iso, Carro incicide ademais en que "se a Xunta non explica a quen engloba baixo a clave S-698 será para ocultar que está a esconder desempregados co fin de sacalos das listas do paro".

"Isto é moi grave -afirma- pero aínda o é máis se está a prexudicar a estes desempregados nas súas posibilidades de obter un emprego".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar