O Goberno central realizou os maiores investimentos da historia en Ourense e a Xunta fixo cero investimentos

O Goberno central realizou os maiores investimentos da historia en Ourense e a Xunta fixo cero investimentos

O Goberno central realizou os maiores investimentos da historia en Ourense e a Xunta fixo cero investimentos

Os deputados ourensáns no Congreso, Elena Espinosa e Alberto Fidalgo, e o senador Miguel Fidalgo, fixeron un balance do período de sesións en ambas cámaras e destacaron o esforzo inversor do Goberno central en Galicia, e nomeadamente nesta provincia.

Espinosa destacou a actividade lexislativa deste período de sesións, e salientou tamén o importante esforzo realizado polo Goberno central, “que nunha situación de crise non só foi capaz de manter o estado de benestar, senón tamén de traer a Galicia e Ourense as inversións comprometidas”.

A deputada socialista contrapuxo isto coa política de recortes do Goberno galego, e sinalou que os investimentos da Xunta en Ourense “foron cero”, tanto en infraestruturas, como en políticas activas de emprego ou políticas sociais.

Criticou así mesmo que a Xunta “utilice a escusa da reclamación de 805 millóns de euros de financiamento autonómico, que saben que non lles corresponden, para crear unha cortina de fume e ter un pretexto para emprender os recortes sociais que están empeñados en levar a cabo”.

Entre as leis aprobadas neste período de sesións, Espinosa destacou especialmente as relacionadas co agro, pola importancia desta actividade na provincia. Así, salientou a aprobación da integración ao rexime xeral dos agricultores que estaban como autónomos ou en rexime especial.

Subliñou tamén a importancia da Lei de cotitularidade nas explotacións agrarias “que é de xustiza social, e que da ás mulleres os dereitos que merecen cando se fan cargo destas explotacións”. Contrapuxo isto coa inacción do Goberno galego nesta materia, e lembrou que a Xunta aínda non presentou o Plan de Desenvolvemento Rural, que traería importantes investimentos do Estado para Galicia.

Incremento das listas de espera
En políticas sociais, odeputado Alberto Fidalgo denunciou o “escaqueo” do Goberno galego respecto aos seus compromisos e os recortes en materia social que están a afectar aos que mais o necesitan.

Así, en materia sanitaria destacou a aprobación onte na Comisión de Sanidade do Congreso da Lei Xeral de Saúde Pública que supón a universalización definitiva da asistencia sanitaria, e salientou tamén as medidas adoptadas polo Goberno central para o aforro do gasto farmacéutico.

Fronte a isto “a Xunta soamente fai propaganda, como co catálogo de medicamentos, que quere vender como unha fórmula máxica de aforro que non é tal”. “Tanto é así, que no Consello Interterritorial de Sanidade incluso as comunidades gobernadas polo PP lle dixeron á conselleira que non querían o seu cataloguiño, e que apoiaban a prescripción por principio activo proposta polo Ministerio, ao consideralo a mellor medida de aforro”.

Fidalgo denunciou ademais a grave situación que atravesa a sanidade pública en Galicia, e lembrou que “hoxe hai máis galegos e galegas en lista de espera que hai dous anos e esperan seis días máis de media, ademais dos milleiros de persoas que tamén agardan por unha intervención cirúrxica pero que están agochados na lista non estrutural”.

No caso de Ourense, sinalou que “hoxe hai 300 pacientes máis en lista de espera que hai dous anos, e agardan por unha intervención tres días máis de media, e aumentaron nun 60 por cento os pacientes da lista non estrutural”.

A isto engadiu os recortes de infraestruturas na provincia, como os centros de saúde da Ponte e o Vinteún, os peches de Piñor e Toén ou a paralización da ampliación do complexo hospitalario. A isto sumou o desmantelamento que están a sufrir os hospitais de O Banco e Verín, e apuntou que debido aos recortes de persoal e a medios cada vez as urxencias están máis masificadas.

AVE
Pola súa parte, Miguel Fidalgo destacou os investimentos realizados polo Goberno central en infraestruturas, e sinalou que “Galicia vai contar co tren do século XXI por decisión dun goberno socialista”. Apuntou que “fraco favor lle fai o conselleiro, que en vez de dedicarse a xestionar as obras que son da súa competencia, actúa como vixiante das obras do Goberno central”.

Lamentou que o Goberno galego “ademais de non aportar un can se dedique a poñer zancadillas, discutindo o trazado, o soterramento, e agora os prazos”. “Por unha banda esixen axilización das obras, e por outra poñen pegas, como fixeron tamén coa estrada Ourense-Lugo ou a A-76”, engadiu.

Fidalgo destacou que “Galicia contará coa maior inversión en infraestruturas da súa historia gracias ao esforzo do Goberno central” e apuntou que “ata o de agora todos os compromisos do Goberno central nesta materia se cumpriron, de feito o tramo do AVE Ourense- Santiago – A Coruña estará listo en decembro”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar