O goberno central enfría a euforia da Xunta nos datos de turismo internacional

O goberno central enfría a euforia da Xunta nos datos de turismo internacional

O goberno central enfría a euforia da Xunta nos datos de turismo internacional

O portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, respondeu hoxe á euforia do goberno galego polos datos do turismo internacional coas cifras oficiais do INE –Frontur- publicados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, polos que Galicia está á cola do Estado no ano 2016.

Pérez Seco interveu hoxe no debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria, na que sinalou que “mentres o sector turístico en España bate records coa chegada de 75,3 millóns de viaxeiros internacionais, Galicia recibiu 1,02 millóns entre xaneiro e novembro, un 19,7 por cento menos” que a media, a que máis descende.

Explica que “Galicia non só é a comunidade que experimentou un maior descenso na súa rendibilidade, tamén é a que obtén os ingresos máis baixos das catro comunidades do norte”.

Por iso, recoméndalle ao goberno galego “prudencia” nas súas valoracións, e sinala que “en lugar de colgarse medallas deberan atender ás consecuencias da súa mala xestión e errática política de promoción que se reflicten nos datos do INE”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar