O Goberno central destinou a Galicia máis de un millóns de euros no último ano para financiar a novos emprendedores

O Goberno central destinou a Galicia máis de un millóns de euros no último ano para financiar a novos emprendedores

O Goberno central destinou a Galicia máis de un millóns de euros no último ano para financiar a novos emprendedores

O último Consello de Ministros aprobou a firma do convenio entre o Ministerio de Industria e ENISA para crear unha nova liña de financiamento para mozos emprendedores

A coordinadora dos deputados socialistas galegos nas Cortes, Margarita Pérez Herraiz, destaca que o Goberno Central destinou a Galicia, entre marzo de 2010 e marzo de 2011, 1.095.369 euros dentro da Liña Novas Emprendedores.

Este importe –sinala- converte a Galicia na 3ª Comunidade Autónoma que máis fondos recibiu por este concepto, só por detrás de Madrid e Andalucía. Galicia recibiu así un 9,3% do total de fondos a nivel nacional, que foron destinados ao financiamento de 27 empresas da Comunidade Autónoma.

Así se recolleu no Consello de Ministros do pasado venres, no que se aprobou a firma do convenio entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA) para a creación dunha liña de financiamento destinado a favorecer a posta en marcha de proxectos empresariais promovidos por mozos emprendedores, con obxecto de impulsar a creación de empresas e contribuír á xeración de emprego entre o devandito colectivo.

A creación desta liña de financiamento enmárcase dentro do Plan de actuación de Apoio ao Emprendemento do Ministerio de Industria. O importe do gasto desta achega reembolsable é de 20 millóns de euros para 2011, que ENISA recibirá do Ministerio en forma de préstamos.

A liña está dirixida a PEMES de polo menos un ano de vida formadas maioritariamente por empresarios de ata 35 anos. Trátase de préstamos participativos e os mozos emprendedores poderán solicitar créditos a catro anos sen necesidades de garantías ata finais de decembro de 2011.

Herraiz valora de forma moi positiva esta medida que, apunta, “enmárcase dentro do conxunto de actuacións e medidas concretas que o Goberno Central ven realizando para a dinamización da economía e a creación de emprego”.

“O Goberno Central toma decisións, adopta solucións e achega recursos concretos mentres outros Gobernos, como o de Galicia, non fan senón lamentarse” –afirma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar