O Goberno castiga aos concellos impedíndolles investir o seu superávit

O Goberno castiga aos concellos impedíndolles investir o seu superávit

O Goberno castiga aos concellos impedíndolles investir o seu superávit

A portavoz de Economía, Facenda e Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe ao goberno galego que cumpra co acordo parlamentario de dirixirse ao Goberno central para que permita ás entidades locais reinvestir o seu superávit. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Economía, na que os acusou de “castigar ás administracións que mellor cumpren coas obrigas financeiras”.

A responsable socialista lembrou a proposta socialista que derivou nun acordo unánime da Cámara para que neste ano se lle permitira ás entidades locais reinvestir o seu superávit. Malia que a proposta ten sido anunciada polo PP, sinalou Rodríguez Rumbo, a día de hoxe o goberno central aínda mantén secuestradas as finanzas dos concellos galegos.

Lembrou que, de acordo cos propios datos do goberno galego, do total de 313 entidades locais de Galicia, 236 rexistraron superávit nas súas contas, e 204 delas superando o millón de euros. Isto supón que “moitos concellos se atopan coa paradoxa de que a pesares de estar saneados e pagar sen problemas e en prazo aos provedores, non poden destinar recursos a mellorar as condicións de vida dos veciños, axudar ás familias necesitadas nin impulsar a creación de emprego”.

No pasado ano, sinalou, a débeda local chegou ao obxectivo fixado para 2020 dun déficit do 3 por cento. A pesares de adiantarse en catro anos a este obxectivo, advertiu, o goberno seguiu “castigando” ás entidades, demostrando un “total desamparo” e limitando a súa autonomía para “decidir por si mesmas qué queren facer cuns recursos xa de por si escasos”.

Lembrou que esta mesma demanda foi aprobada o pasado 2 de abril nunha Xunta de Goberno Extraordinaria da FEMP, incluíndo os votos do PP, que se sumou a unha “demanda unánime de todo o municipalismo”. Urxiu por iso a que “se habilite unha autorización legal competente para poder empregar estes fondos, xa que os Orzamentos do Estado impiden polo momento facer este reinvestimento”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar