O Goberno agocha os recortes no Orzamento para 2016

O Goberno agocha os recortes no Orzamento para 2016

O Goberno agocha os recortes no Orzamento para 2016

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu hoxe que o goberno galega agocha os recortes nos orzamentos para 2016. O responsable socialista advertiu que as contas presentadas pola Xunta fan coincidir a redución de ingresos pola suposta redución fiscal e o mantemento da débeda xunto coa expansión do gasto.

Méndez Romeu advertiu logo da Xunta de Portavoces do Parlamento, que fixou a orde do día do próximo Pleno e o calendario de tramitación dos Orzamentos, que a falla de execución dos orzamentos presentados outros anos e os erros á alza nas previsións de ingresos poden converter en papel mollado ás contas presentadas hoxe na Cámara.

O responsable socialista lembrou que as previsións de crecemento estipuladas polo goberno galego teñen errado notablemente, chegando a que o ano pasado Galicia tivo o peor crecemento económico do Estado. Recomendou por iso “cautela” diante dunhas predicións que ata o momento sempre foron “erradas”, e presentou como un antecedente preocupante a corrección do teito de gasto nunha décima “para cadrar as contas”.

Sinalou ademais que o incremento no número de tramos do IRPF autonómico supón “pasos axeitados pero insuficientes”, e reclamou “acentuar a progresividade” para que as rendas baixas soporten menor carga fiscal que os tramos mais altos. Finalmente, criticou o recurso de novo á Lei de Acompañamento para incluír modificacións lexislativas molestas nun “trámite acelerado” que impida o debate “con rigor e coñecemento”.

Comparecencia

Méndez Romeu criticou que o goberno galego continúe sen incluír unha soa comparecencia dos novos conselleiros logo de ter cambiado a metade do goberno porque, advertiu, “non teñen nada que contar”. O veto do PP á comparecencia do presidente para explicar os cambios e do conselleiro de Sanidade evidencian, dixo, “a falla de capacidade do goberno e o seu afastamento dos problemas reais”.

Recomendoulle aos novos titulares “fuxir do medo escénico e vir contar o que supostamente queren facer”, e criticou que a única comparecencia que inclúa o Pleno da próxima semana corresponda ao conselleiro de Educación para dar conta do comezo de curso “un mes e medio despois de que comezara o curso”.

Os socialistas galegos empregarán a pregunta ao presidente para que Feijóo explique a creación dunha dirección xeral para facer fronte á crise demográfica cando está a demostrar “unha absoluta falla de iniciativas novidosas” para abordar “o problema mais grave para a sociedade galega”.

Sinalou a “ineficacia” comprobada das axudas de 100 euros para cueiros, e lembrou que as competencias sobre emprego corresponden a outra Consellería diferente e a falla de propostas para frear a emigración dos mozos e mozas de Galicia.

Iniciativas

O próximo Pleno incluirá dúas mocións socialistas sobre a situación do sistema educativo en Galicia e a sostibilidade do sistema sanitario público, así como dúas proposicións non de Lei sobre unha campaña de concienciación no rural contra a violencia de xénero ou o impacto da política de restrición dos investimentos anunciada polo grupo Volkswagen no sector dos compoñentes da automoción.

As interpelacións centraranse na aplicación en Galicia da Lei de promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de Dependencia e sobre a subsidiación de préstamos de vivenda. Finalmente, os socialistas galegos ao goberno galego sobre o transporte público na Costa da Morte e o mantemento da actividade na flota de cerco.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar