O fracaso da xestión da Xunta fai que Galicia sexa a autonomía con máis dependentes desatendidos

O fracaso da xestión da Xunta fai que Galicia sexa a autonomía con máis dependentes desatendidos

O fracaso da xestión da Xunta fai que Galicia sexa a autonomía con máis dependentes desatendidos

A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou que o “fracaso e falla de vontade política” da Xunta provocou que Galicia sexa a autonomía con mais dependentes desatendidos do Estado. Sestayo presentou hoxe unha Proposición non de Lei na que reclama un plan de choque para garantir o cumprimento da Lei de Dependencia.

Sestayo dixo que, de acordo cos datos do Goberno de España, Galicia aumentou de novo o número de dependentes en espera ata os 53.175 o pasado venres, o que fai que esta autonomía sexa a que mais incrementa o número de persoas desatendidas cada mes. Acusou ao Goberno de Feijóo de “boicotear unha Lei que vai contra o seu ideario político de privatización e recorte dos servizos públicos”.

A parlamentaria socialista dixo así que “existe unha vontade política para a obstrución das medidas dispostas pola Lei da Dependencia”, provocando unha “situación caótica” na atención á dependencia. Sinalou que “Galicia non pode ser a peor Comunidade Autónoma do Estado” no trato aos dependentes.

Por este motivo, presentou unha proposta de plan de choque con medidas integrais para loitar contra a desatención en Galicia e axilizar a atención á dependencia dentro da liña de “oposición leal e construtiva” dos socialistas galegos. Así, propuxo a dotación de persoal suficiente nos concellos e na Xunta que permita elaborar en prazo os trámites previstos na Lei fomentando que os plans de cooperación prioricen a atención á dependencia.

Reclamou ao Executivo autonómico que conceda “prioridade e reserva estable orzamentaria para a atención á Dependencia”, así como a implantación de medidas tecnolóxicas que axilicen o intercambio de información entre as administracións e o acceso a servizos por parte das persoas dependentes.

Solicitou que o Goberno de Feijóo oferte tódalas prazas de centros de día e residenciais públicos, xa que “resulta inconcebible que un terzo das prazas estean sen ofertar mentres continúa o aumento de listas de espera”. Tamén instou a recuperar a asistencia domiciliaria básica, e a publicación trimestral de datos da Dependencia e medidas de prevención da Dependencia a través dunha planificación sociosanitaria coordinada.

Coacción encuberta

A responsable socialista anunciou hoxe que pedirá tamén a comparecencia da conselleira de Traballo e Benestar para dar conta das “coaccións encubertas sobre os concellos para privatizar infraestruturas sociais”, nomeadamente centros de día, residencias e escolas infantís.

Así o dixo logo de constatar que a Xunta está a ofrecer “compensar” os gastos de mantemento dos servizos sociais “privatizando a xestión”. Sestayo lembra que a Xunta está a xirar ás administracións locais facturas correspondentes a o pago dunha terceira parte do mantemento dos servizos sociais, co que incumpre o convenio co Consorcio Galego de Benestar polo que a administración autonómica asume estes custes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar