O fracaso da política forestal do PP pon en perigo aos veciños e veciñas

O fracaso da política forestal do PP pon en perigo aos veciños e veciñas

O fracaso da política forestal do PP pon en perigo aos veciños e veciñas

A cabeza de lista pola candidatura do PSdeG-PSOE para Ourense, Noela Blanco, sinalou hoxe á xestión de Feijóo como principal responsable de que os lumes teñan queimado 6.100 hectáreas nunha semana, 3.250 en Ourense nun só día. Dixo que “dende logo que os incendiarios son os responsables directos, pero é simplista e reducionista que o presidente da Xunta queiran sinalalos como único factor para que Galicia arda cada ano”.

A responsable socialista ofreceu unha rolda de prensa monográfica sobre a situación que se está a vivir estes días no interior de Galicia, con vivendas ameazadas polas lapas e pobos desaloxados.

Sinalou que a redución da distancia de seguridade entre a biomasa e as vivendas dos 50 metros sinalados polo goberno de Touriño ata os 30 de Feijóo, xunto coa anulación da agrupación de terreos forestais ou a privatización, descoordinación e lamentable situación de precariedade dos operativos de extinción está a poñer “en risco” aos veciños e veciñas e aos operarios que loitan cointra as lapas.

Criticou duramente a falla de medidas para recuperar a poboación do rural e a crise demográfica das provincias dun interior que fica abandonado mentres o goberno galego hipoteca 100 millóns de euros cada ano en tarefas de extinción en lugar de afrontar o problema dende a súa raíz.

Broma de mal gusto

A responsable socialista considera “unha broma de mal gusto” que o presidente da Xunta, xunto co presidente da Deputación de Ourense, anunciaran precisamente onte un parque acuático para Monterrei. “Que nos veñan anunciar un tobogán e unha piscina mentres arde Ourense está ao nivel da foto de Feijóo apagando un lume cunha mangueiriña de xardín e os seus zapatos castellanos”, remachou.

Sinalou que o parque acuático “da a medida da irresponsabilidade e incompetencia dun presidente lesivo para o noso país, e ademais constitúe unha grave falta de respecto para os veciños e veciñas que ven en risco os seus fogares”.

Blanco reclamou a convocatoria do Consello Forestal para acordar medidas concretas que reduzan os lumes, así como a posta en marcha dunha política ambiciosa e eficaz de recuperación demográfica do rural a través da creación de emprego e o aumento das rendas de gandeiros, agricultores e silvicultores, construíndo ademais unha cultura forestal integrada no medio rural galego.

Ademais, esixiu a derrogación dos artigos da Lei 7/2012 de 28 de xuño, que volvían permitir recualificar os terreos queimados, e recuperar medidas de prevención das vivendas e edificacións como a distancia de seguridade de 50 metros.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar