O fracaso da política económica de Feijóo e Rajoy fai que o paro medre en Galicia o dobre que no conxunto do Estado

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, trasladou hoxe a “fonda preocupación” dos socialistas logo de constatar que o paro crece en Galicia o dobre que no conxunto do Estado.

En declaracións aos medios de comunicación, sinalou que este dato “moi negativo” evidencia o “fracaso obxectivo da política económica de Rajoy e Feijóo” que “condena ao estancamento, a recesión e a destrución de emprego”.

Losada criticou que malia esta situación o goberno galego “persevera no erro” de diminuír a competitividade e os salarios, “co que as cotizacións diminúen” e polo tanto os ingresos do Estado. Criticou que a dereita “utiliza este argumento falaz para privatizar o sistema público de pensións”.

O responsable socialista engadiu que a caída do número de afiliados á Seguridade Social pon en perigo o sostén do sistema público de pensións. Así, dixo que mentres o número de afiliados á Seguridade Social en Galicia é do 5,7 por cento, a redución nesta Comunidade Autónoma supón o 23,5 por cento do total.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar