O fracaso da política de inclusión da Xunta os sitúa en "rumbo de colisión"

O fracaso da política de inclusión da Xunta os sitúa en "rumbo de colisión"

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, advertiu que a persistencia da Xunta no erro da política de inclusión social os sitúa en “rumbo de colisión”. No debate dunha pregunta Comisión de Política Social, alertou do “profundo fracaso” da política social ao construír unha Galicia “mais pobre e desigual” de acordo cos últimos datos do INE.

Gallego acusou ao goberno galego de reproducir unha “imaxe falsa que nada ten que ver coa realidade” ao utilizar os datos porcentuais obviando o empobrecemento xeneralizado da poboación nos últimos sei anos. Dixo que os que eran pobres en 2009 “hoxe son moito mais pobres” mentres “boa parte dos que daquela eran clase media hoxe están en risco de pobreza e exclusión social”.

Feijóo respondeu ao empobrecemento xeneralizado recortando as políticas sociais da Xunta en 4.016 millóns de euros e diminuíndo en oito puntos o gasto social, ao tempo que deixan a Lei de Inclusión Social sen desenvolver durante mais de un ano, incumprindo a obriga legal de aprobar o decreto de desenvolvemento en seis meses.

Hoxe Galicia ten un 12 por cento mais de fogares con carencias moi graves, un 13 por cento mais de persoas con carencias de acordo coa taxa Arope, un 17 por cento de familias non poden irse de vacacións a lo menos unha semana ao ano, aumentou nun 10 por cento o número de fogares con dificultades de chegar a fin de mes, e hai un 2,1 por cento mais de fogares con carencia severa.

Ademais, Gallego advertiu que o número de fogares con baixa intensidade de traballo duplicouse, pasando do 7,9 por cento en 2009 ao 14 por cento en 2015 grazas ao “profundo fracaso” da política de inclusión social e de loita contra a pobreza de Feijóo.

Este limitouse a “aparentar un aumento do orzamento da Risga”, que en realidade é menor que o incremento dos demandantes deste servizo, que agora se atopan con esperas de 6 e 7 meses de media. Ademais, introduciu obstáculos burocráticos que provocan que logo de perder un posto de traballo precario e quedar sen prestación teñan que volver a iniciar os trámites e agardar outros 8 meses para volver a percibir a axuda.

Menos orzamento e mais pobreza

A deputada socialista dixo que “non é certo que con menos se faga mais, a realidade é que con menos orzamento faise mais pobreza e desigualdade”. Sinalou sen embargo que o exemplo da veciña Asturias demostra que “hai outro modelo, pódense facer as cousas de outra maneira”, por canto cun 38 por cento menos de poboación que en Galicia dedican un 61 por cento mais de orzamento á integración social.

Criticou a “indolencia” do goberno galego mentres Galicia é a cuarta Comunidade Autónoma na que mais baixa o custe laboral, un 11,2 por cento dende a chegada de Feijóo, que conta con 183.000 persoas menos traballando, onde 2 de cada 3 parados xa non cobran prestacións, que ten ao 30 por cento dos asalariados cobrando menos do Salario Mínimo e conta coas pensións mais baixas do Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar